Cástor Alonso Bar
Quick Facts
Biography
Castor Alonso Bar, nado en Vigo o 16 de abril de 1928 e falecido o 27 de febreiro de 1987 en Madrid, foi un político, avogado e empresario galego de Alianza Popular.
Traxectoria
Licenciado en dereito, dedicouse á industria da peletería e ao comercio. En 1959 crea a empresa Spica, dedicada a elementos tecnolóxicos. Na década dos sesenta, durante o franquismo, é concelleiro de Vigo e tenente de alcalde con Salvador de Ponte y Conde de la Peña.
Secretario rexional de Alianza Popular a comezos da década dos oitenta, nas Xerais de 1982 foi candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra encabezando a lista da coalición AP-PDP. Só permeneceu unha lexislatura na Cámara Alta, ata 1986, e falecería meses despois.
A finais da década dos cincuenta estivo na directiva da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. Tamén foi vicepresidente da Federación Española de Rugby e da de balonmán.