Casimiro Vilares Quintana
Quick Facts
Biography
Casimiro Vilares Quintana, coñecido como Barraqueiro, nado en Becerreá cara a 1912 e finado en Xixón o 26 de febreiro de 1942, foi un mestre e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Estudo maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1931. Foi mestre interino en Neira de Xusá (1932-1933). En 1936 era mestre interino na Horta (Agüeira). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi destituído como mestre en setembro. Encartado na causa 853/37 por rebelión e roubo a man armada, foi reclamado polo Xulgado Militar de Lugo en agosto de 1937. Foi reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Lugo acusado de auxilio á rebelión na causa 304/39 xunto con Antonio Ulloa Regueiro en abril de 1939. Volveron ser reclamados polo Xulgado Militar de Lugo en xuño de 1939. Como resultado do proceso de depuración do maxisterio foi separado do servizo e baixa na escala en febreiro de 1940. Foi detido en 1940, ingresando na cadea de Lugo o 9 de febreiro. Foi trasladado ao cárcere de Oviedo o 25 de novembro de 1940. Xulgado en Xixón foi condenado a morte e fusilado o 26 de febreiro de 1942.
Notas
- ↑ En ocasións transcrito como Casimiro Villares Quintana
- ↑ El Ideal Gallego, 4-11-1931, p. 8.
- ↑ La Voz de la Verdad, 6-9-1936, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 23-8-1937. p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 11-12-1937, p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 20-4-1939, p. 3.
- ↑ BOP Lugo, 16-6-1939. p. 2.
- ↑ BOP Lugo, 20-2-1940. p. 2.
- ↑ Víctimas de 1942 - Fosa Común de Oviedo
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Casimiro Vilares Quintana na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo