Carmen Penim
Quick Facts
Biography
Carmen Penim é o nome artístico de Carmen Pérez Fernández, nada en Covas (Os Blancos) o 2 de setembro de 1965, é unha profesora, compositora, cantante, produtora e representante artística galega. Formou con Maurizio Polsinelli o dúo 2naFronteira.
Traxectoria
Pasou os seus primeiros anos na terra do pai en Meaus (Couto Mixto) na raia con Portugal. Tamén viviu nos PaísesBaixos nos primeiros anos. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en didáctica da lingua oral pola UNED. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no 2011 empezou os seus estudos de canto lírico e jazz e de didáctica do canto.
Entre 2007 e 2013 ocupou unha praza de ensino do español como lingua estranxeira en Italia. Foi profesora de Lingua Castelá no IES A Paralaia de Moaña de onde se trasladou ao IES María Soliño de Cangas. Impartiu cursos de técnica vocal para distintos sectores.
É xuíza honoraria do Couto Mixto e forma parte do proxecto “Referentes galegas” de difusión de mulleres profesionais galegas de todos os ámbitos, que quere servir de difusión e ser referente para as nenas e mozas. Está comprometida con causas como a igualdade, a loita contra a violencia de xénero e contra a ablación feminina, a memoria histórica, o veganismo e o ensino. Colabora con AECC, GaliciaAme, centros de día e residencias de persoas maiores.
Traballos de 2naFronteira
2naFronteira é un dúo composto por Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli, o dúo creouse no 2008, cando ambos os dous inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto.
Discografía
- Humo en los ojos. Italia, 2011.
- Alma (CD), 2013
- Zapatiños para Díaz Castro (CD), 2014. Quince poemas musicados.
- Sons de Nós (CD), 2015. Arredor de Nós. Concerto sobre a Xeración Nós polo seu centenario.
Proxectos
- Federico García Lorca. Amando en galego, 2011. Os Seis poemas galegos musicalizados.
- Os olhos de Pessoa. Autopsicografía, 2014. Seis poemas de Fernando Pessoa musicalizados.
- A voz da pedra, 2015. Concerto para as igrexas, a recuperación do harmonio de igrexa para uso concertístico a través do proxecto.
- Rosalía de Castro, 2017. Poemas de Cantares gallegos musicalizados.
Traballos de Carmen Penim
Discografía
- Herdeiras. Muller, identidade e memoria (libro-CD), 2017. Editorial: Areosa; ISBN: 978-84-697-4670-7. Textos propios e doutras poetas galegas. Pretende con este proxecto visibilizar ás mulleres heroínas do 36 e contén unha curtametraxe de Margarita Ledo. Nas pezas déixase sentir claramente o jazz.
- Cantos de terra e sal (CD), 2020. Homenaxe á máis profunda tradición galega.
Obra literaria
Poesía
- Cambio versos por champaña (2011). Torremozas, Madrid. En castelán.
Infantil
- A fraga de Pasacorrendo (2022). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-125915-4-5. Con audio contos e cancións.
Premios
- Gañadora dun premio Opinión da Música de Raíz pola mellor adaptación dunha peza tradicional en 2021 polo tema Aí vén o barco do mare.
Notas
- ↑ administrador. "Carmen Penim (Carmen Pérez Fernández)". Executivas. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ ""Soan" os poemas de Díaz Castro". galego.farodevigo.es. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ "Referentes Galegas". Executivas. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ "Acerca de nosotros". Galiciame (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "musicaengalego: 2NAFRONTEIRA zapatiños para Diaz Castro". musicaengalego. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "Un concerto de 2naFronteira e unha exposición para homenaxear a Xeración Nós. Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ AMICCercado, s/n Celanova-32800Ourense España. "Concerto "Federico García Lorca. Amando en galego"". emigracion.xunta.gal. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "Vídeos música galega - Galiza Videoclips - OS OLHOS DE PESSOA - Autopsicografia - 2naFronteira". www.gzmusica.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "Evento: 2naFronteira: A voz da pedra. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ GaliciaDigital. "2naFronteira homeaxean a Rosalía de Castro cun concerto no Teatro Principal". www.galiciadigital.com. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ Cultura, Secretaría Xeral de. "CARMEN PENIM ESTRENA EL ESPECTÁCULO HERDEIRAS ESTE SÁBADO EN EL TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2020-11-05.
- ↑ "GalicianTunes: Artista - Carmen Penim". www.galiciantunes.com. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ "Carmen Penim afronta la memoria de la mujer en su trabajo «Herdeiras»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-04. Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "CONCERTO CARMEN PENIM - CANTOS DE TERRA E SAL". Concello de Cangas. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ ""Cantos de Terra e Sal", nuevo CD a final de mes -"a pesar de los grises que nos envuelven"- de 2nafronteira". RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ "Carmen Penim converte o Couto Mixto en cancións cun novo álbum que homenaxea as mulleres de terra e mar". Praza Pública. 2020-11-03. Consultado o 2020-11-05.
- ↑ "Poñer o canto ao clareo en tempos de covid" (en castelán). Consultado o 2020-11-06.
- ↑ "Carmen Penim: “Non é que teña ganas de volver ao escenario, o que quero é nunca baixar del”" (en castelán). 2020-11-19. Consultado o 2020-11-19.
- ↑ Malvido, Gemma (2021-05-31). "“É importante visibilizar o traballo humilde das nosas nais e avoas”". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2021-06-01.