peoplepill id: carmen-mendez
CM
Spain
1 views today
2 views this week
Carmen Méndez
Spanish actress

Carmen Méndez

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish actress
Places
Gender
Female
Birth
Place of birth
Baralla, Lugo Province, Galicia, Spain
Age
46 years
The details (from wikipedia)

Biography

Carmen Méndez, nada en Neira de Rei, Baralla, en 1979, é unha actriz galega.

Biografía

Estudou Enxeñaría Química na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

En cine traballou na longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança (Portugal) (Sección Televisión).

En televisión traballou na serie da TVG Pazo de Familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces ós Premios Mestre Mateo como Mellor actriz secundaria. Tamén participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga Seca, de Portocabo e Spi.

En 2019 entrou na xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Filmografía

Cine

AnoTítuloDirector/aPersonaxe
2018Bad InvestigateLuis IsmaelMaría
2016PelerinaxesSimone SaibeneLuzía

Series de televisión

Ano/sSerieCanalPersonaxeNotas
2020Auga SecaRtp1 e TVGMagdalena6 capítulos
2014-2018Pazo de familiaTVGRita103 capítulos
2018SerramouraTVGBerta2 capítulos
2014O FaroTVGXuíza1 capítulo
2013Inseguridad SocialPiloto TVIria1 capítulo
2013A MilagrosaPiloto TVIria1 capítulo

Curtametraxes

AnoTítuloDirector/a
2018El rastro del cazadorDavid Salgado
2015La fiestaSimone Saibene
2014Action PaintingOlalla Méndez
2014Nadie la veCarla Nimo
2013Las cartas vienen de ParísAlicia Rodríguez, Hadrián Rodríguez e Lucía Rodríguez
2013Pompas de xabónStefan Varela
2009MuñecasRosa Márquez

Teatro

  • 2013: Escenas Chejovianas. Dir. Carlos Villarino. Compañía El Biombo Teatro.
  • 2013: As marxes da desgraza. Dir. Santiago Cortegoso. Teatro Colón (A Coruña).
  • 2013: Fin de Trayecto. Dir. Carlos Villarino. La Tuerka 27 (A Coruña). Microteatro.
  • 2008: Vinum Sabatti. Dir. Gretha Omey. Compañía Accidente Coreografiado. Sala Liberarte (Madrid).
  • 2005: La felicidad completa. Dir. Antonius Bloc. Grupo Declaración de Intenciones. Teatro Las Aguas (Madrid).

Premios

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaPelícula/SerieResultado
2017Mellor actriz secundariaPazo de FamiliaNominada
2016Mellor actriz secundariaPazo de FamiliaNominada

Notas

  1. "Carmen Méndez" (PDF). aaag.gal. Consultado o 01/02/2020. 
  2. "Carmen Méndez Actriz". carmenmendez (en castelán). Consultado o 2020-02-01. 
  3. "Mulleres en acción 2019-2020 - Carmen Méndez - Mulleres en acción: Violencia zero 2019-2020". www.depo.gal. Consultado o 2020-02-01. 
  4. "Nova xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual. Academia Galega do Audiovisual". Consultado o 2020-02-01. 

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Carmen Méndez is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Carmen Méndez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes