Carmen Lovelle
Quick Facts
Biography
María del Carmen Lovelle Alén, nada en Ourense o 9 de xullo de 1941, é unha política galega.
Traxectoria
Mestra de educación primaria (daquela chamada EXB), foi elixida concelleira en Verín durante os últimos anos do franquismo en representación do terzo familiar. Trala dimisión do alcalde, en 1975, foi elixida polos demais concelleiros como alcaldesa. Nas primeiras eleccións municipais democráticas presentouse nas listas de Alianza Popular, e conseguiu a alcaldía grazas a un pacto co PSOE.
En 1981 presentouse ás eleccións galegas na candidatura de Alianza Popular pola provincia de Ourense e foi elixida deputada no Parlamento de Galicia. Ademais, e sen deixar de ser deputada, foi designada senadora en representación do Parlamento de Galicia (1982-1986). En 1985 abandonou a Cámara galega e achegouse ao daquela empresario e incipiente político José María Ruiz-Mateos, e conseguiu ser secretaria xeral da Agrupación Ruiz Mateos, unha candidatura electoral que obtivo éxito nas eleccións europeas de 1989, onde obteñen dous escanos.
Desde decembro de 2003 é vicepresidenta do Rayo Vallecano, equipo de fútbol tamén vencellado á familia e empresas de Ruiz-Mateos.
Predecesor: ? | Alcaldesa de Verín 1975 - 1983 | Sucesor: Santiago Cid Harguindey |
Vida persoal
O seu home é médico. Dende os anos noventa vive en Madrid.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Verín
- Lista de senadores galegos desde a Transición