peoplepill id: carlos-pereira-martinez
CPM
Spain Uruguay
1 views today
1 views this week
Carlos Pereira Martínez
Historiador, escritor e artista galego

Carlos Pereira Martínez

The basics

Quick Facts

Intro
Historiador, escritor e artista galego
Work field
Gender
Male
Place of birth
Montevideo, Montevideo Department, Uruguay
Age
65 years
The details (from wikipedia)

Biography

Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Traxectoria

Reside na actualidade na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia, pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, realizou os Cursos de doutoramento en Historia Medieval no Departamento de Historia Medieval, Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Traballa na súa tese de doutoramento sobre A Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo.

É membro numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ex vicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, do Padroado e do Consello Reitor da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, do Ateneo Republicano de Galicia, do Consello de Redacción da revista Dez-Eme, da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras e do Comité científico da revista Anuario Brigantino do Concello de Betanzos. Tamén formou parte do colectivo poético Os habitantes do lago, e foi un dos fundadores do grupo de teatro Maiolongo de Culleredo en 1976.

Colabora coa Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA), e ten participado, en exposicións artísticas individuais ou colectivas en toda Galicia.

Obras

Ensaio

  • Sésamo e Sueiro. Dende a Prehistoria á Idade Media, 1997.
  • Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, 1998, edición do autor.
  • Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, 1998, Asociacións de Veciños de Sésamo-Sueiro, 1997.
  • Anxo Senra Fernández. Vida e obra, 1999, Toxosoutos.
  • Os templarios. Artigos e ensaios, 2000, Toxosoutos. Versión en castelán na mesma editora en 2002.
  • A Cultura en Culleredo na IIª República: o 'Ateneo de la Villa de Rutis', 2001, Ateneu Libertario Ricardo Mella.
  • Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), 2002, Trifolium.
  • A Galicia heterodoxa, 2010, Espiral Maior.

Poesía

  • Río Alzheimer, 2013, Alvarellos.

Edicións

  • Miradoiro da Ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano, 2001, edición do autor.

Obras colectivas

  • Culleredo, 1996, Concello de Culleredo. Con Pablo Bouza e Belia Bellón López.
  • Homenaxe a Eduardo Blanco Amor, 1998, Espiral Maior. Coeditor con Miguel Anxo Fernán-Vello.
  • O que fixeron en Galicia. 1936, 1998, A Nosa Terra.
  • Germinal. Centro de Estudios Sociais (Cultura obreira na Coruña, 1902-1936), 2003, Briga. Con Ana Romero Masiá.
  • O orballo da igualdade. Asociacionismo femenino progresista na Coruña, 2005, Baía Edicións. Con Ana Romero Masiá.
  • Sociabilidade e Librepensamento, 2005, Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais.
  • Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media, 2005, Deputación da Coruña. Con Alfredo Erias e Xulio L. Valcárcel.
  • Actas do II Congreso da Memoria. A Segunda República e a Guerra Civil, 2006, Edicións Embora.
  • Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, 2011, Fundación Luís Tilve. Con Ana Romero Masiá.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios

  • Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Ana Romero Masiá.
  • Primeiro premio da XXXVII edición do Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Río Alzheimer.

Notas

  1. "Los templarios". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-09. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Carlos Pereira Martínez is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Carlos Pereira Martínez
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes