peoplepill id: carlos-g-amigo
CGA
Spain
1 views today
1 views this week
Carlos G. Amigo
Violoncellista galego

Carlos G. Amigo

The basics

Quick Facts

Intro
Violoncellista galego
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
51 years
The details (from wikipedia)

Biography

Carlos García Amigo, nado na Coruña o 27 de xullo de 1973, é un músico solista de violoncello galego.

Traxectoria

Formación

Comezou os seus estudos musicais e a tocar o violoncello no Conservatorio Superior de Música da Coruña, para continualos despois no de Santiago de Compostela e no Koninklijk Conservatorium da Haia.
Recibiu bolsas de estudo de diferentes institucións, como a Deputación da Coruña, a Fundación Caixa Galicia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, no marco dos seus ciclos de xoves intérpretes.
Colaborou como profesor de Música de cámara na Escola de Altos Estudos Musicais do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Asiste regularmente como alumno ao curso "Cánticos, Cantigas e Cantos", organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Actividades musicais

Actualmente é membro da Real Filharmonía de Galicia de Santiago de Compostela, e compaxina a súa actividade nesta orquestra coa camerística e a docente en diversas escolas de Compostela, así como con colaboracións con agrupacións de Música antiga no ámbito español. Grcía Amigo gravou diversos CDs co grupo In Itinere da Universidade de Santiago de Compostela, así como coa Real Filharmonía de Galicia. Tamén realizou colaboracións en bandas sonoras, como a da serie emitida pola TVG As leis de Celavella. Participou, en calidade de solista, na Orquestra Sinfónica de Galicia, sendo dirixido polos mestres James Ross e Rumon Gamba. En 1999 foi membro da Schleswig-Holstein Musik Festival Orchester, onde foi dirixido por mestres como Mstislav Rostropovich, Christoph Esenbach o Vladimir Spivakov entre outros. Ademais, foi membro de diferentes agrupacións camerísticas como CelliaQu4ttro ou o Trio Artabria, cos que realizou concertos en diversas salas de Galicia, Cataluña e os Países Baixos.

Por iniciativa de Carlos García Amigo, Diego Rojo e Eliseu Mera constituíuse no verán de 2013 o Herbens Consort, coa finalidade de participar no Festival de Música de Herbón As notas do pemento, certame do que se converteu no seu grupo residente.

Notas

  1. Carlos García Amigo en Galegos. Consultado o 21 de xuño de 2022.
  2. Confidencial, Galicia. "Herbens Consort, a música que enche espacios centenarios". Galicia Confidencial. Consultado o 21 de xuño de 2022. 

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Carlos G. Amigo is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Carlos G. Amigo
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes