Carlos Colmeiro Laforet
Quick Facts
Biography
José Carlos Colmeiro Laforet, nado en Vigo en 1906 e finado na mesma cidade en marzo de 1988, foi un médico e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Colmeiro Rey e Ángela Laforet Cividanes, e sobriño do médico José María Colmeiro Rey. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na Universidade de Boloña e especializouse en xinecoloxía en Alemaña. Exerceu na Coruña como médico tocólogo municipal (1930-1942). Logo do asasinato en Madrid de Víctor Muñoz Baijón en novembro de 1936, foi nomeado xefe provincial de Falange da Coruña. En 1942 trasladouse a Vigo, onde foi tocólogo-xinecólogo e despois director do Hospital Municipal. Autor de varios libros da súa especialidade de toco-xinecoloxía. Foi coeditor da Revista Internacional de Sexología. Herdou o título de Conde de Pardo Bazán.
Obras
- Estudio sobre la cuestión del parto sin dolor, 1932.
- Las increciones del ovario, 1939.
- Las perineotomías, 1943.
- Nuevos problemas ginecológicos. Estudios de fisiopatología sexual, 1955.
- Orto y ocaso del feminismo, 1956.
- La Cibernética y la vida, 1958.
- Educación, sexo y sexualidad, 1961.
- Maltusianismo. Razones y sinrazones de la limitación de la natalidad, 1964.
- La educación sexual de la mujer.
Vida persoal
Era irmán de Ángel Colmeiro Laforet.