Carlos Aenlle
Quick Facts
Biography
Carlos Xesús Varela Aenlle, nado en Castroverde en 1965, é un xeógrafo e etnólogo galego. Actualmente é presidente da asociación Abertal do Eo-Navia, e desde 2004 é o académico correspondenteda Real Academia Galega nesa rexión.
Traxectoria
Aínda que natural de Castroverde, a súa familia materna procede de terras eonaviegas. Este feito marcou notabelmente a súa traxectoria, profundamente vinculada coa rexión. Pasou a súa adolescencia en Castropol, localidade na que o seu pai foi mestre durante dez anos. Foi tamén colaborador habitual das revistas A Freita e Britonia, publicacións impulsadas pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), e en 2000 publicou Toponimia del Eo-Navia, unha recompilación dos topónimos eonaviegos coa súa correspondencia tanto en castelán (oficial) como na forma vernácula galega. En 2014 presentou a súa tese sobre o léxico do galego de Asturias.
Notas
- ↑ Académicos correspondentes da RAG
- ↑ Noticia no xornal asturiano La Nueva España, publicada o 20/12/2004.
- ↑ Xesús., Varela Aenlle, Carlos ([2000]). Toponimia del Eo-Navia. Eilao (Asturias): Mesa prá Defensa del Galego de Asturias. ISBN 9788460705918. OCLC 433344638.
- ↑ Contribución ao dicionario galego: o léxico do galego de Asturias (LeGA), para descarga en PDF, no repositorio Investigo da Universidade de Vigo, dirixida por Xosé Henrique Costas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web da Asociación Abertal del Eo-Navia
- "Entrevista com Carlos Varela um dos promotores de Abertal". Portal galego da língua. 21 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2018.