peoplepill id: campio-carpio
CC
Spain
1 views today
1 views this week
Campio Carpio
Spaans journalist (1902-1989)

Campio Carpio

The basics

Quick Facts

Intro
Spaans journalist (1902-1989)
A.K.A.
Campio Pérez Pérez
Places
Gender
Male
Place of birth
Vigo
Place of death
Buenos Aires
Age
87 years
The details (from wikipedia)

Biography

Campio Pérez Pérez, coñecido co pseudónimo de Campio Carpio, nado en Vigo o 10 de outubro de 1902 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1989, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

cando contaba con 17 anos e antes que o enviasen á Guerra de Marrocos, decidiu embarcar para Arxentina. Os sucesos da Semana Tráxica de Bos Aires, a represión e asasinatos en masa da Patagonia foron marcando a historia arxentina dos anos vinte. Neste ambiente revolucionario comezou desenvolver a súa vida. incorporouse aos medios literarios e artísticos de formación universitaria e ao movemento libertario. Durante a guerra civil concentrou toda a súa enerxía creadora para denunciar a través da pluma, as barbaries cometidas polo bando alzado. Desde Madrid os anarquistas galegos da CNT nomeáronmo correspondente en Bos Aires de Galicia Libre. Desde as páxinas deste periódico chamou a profundizar a revolución e sinalar os perigos que corría o frente republicano.

Nos anos corenta escribiu na Revista Hombre de América, a partir de 1959 comenzou a colaborar na Revista anarquista Reconstruir. A súa obra xornalística está dispersa por un sen fin de xornais libertarios de América e Europa. Entre os innumerables folletos realizados destácase o dedicado á vida de Curros Enríquez.

Os últimos anos da vida de Carpio viviunos alonxado da vida política activa, a súa avanzada idade e a posterior ditadura do xeneral Videla, axudaron para que a súa militancia se fora apagando lentamente, a pesar diso nunca abandonou a actividade xornalística e as súas preocupacións intelectuais.

O 28 de setembro de 1989 faleceu na súa casa de Montegrande na zona sur do gran Bos Aires.

Obras

  • El mundo agonizante (crítica)
  • Humillados (contos)
  • ¡También América! (crítica)
  • El destino social del arte (crítica)
  • Democracia (novela)
  • Antología de pensamientos de González Prada
  • 36 poemas de autores brasileños contemporáneos
  • Milicias de la aurora (poemas)
  • Pasión y poesía
  • Radiografía cordial de América
  • Lamento de la tierra encadenada (epopeia)
  • Labradores del Espíritu (ensaio).

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Campio Carpio is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Campio Carpio
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes