Buenaventura Aparicio
Quick Facts
Biography
Buenaventura Aparicio Casado, nado en Peñafiel, Valladolid, o 14 de xullo de 1946 é un profesor, antropólogo e escritor galego.
Traxectoria
Aos seis anos xa veu para Pontevedra, onde estudou. Exerceu moitos anos de mestre e logo de Profesor de Historia no IES Chan do Monte de Marín e tamén profesor-tutor na UNED en Pontevedra. As súas investigacións centráronse na arte rupestre e na antropoloxía cultural, estudando a tradición oral, a relixiosidade popular e os aspectos simbólicos da arte rupestre. Fundou e coordinou o grupo de investigación A Laxe da Irena e foi membro do Consello asesor de patrimonio do Concello de Pontevedra. Ten participado en numerosos congresos nacionais e internacionais de Arqueoloxía e Antropoloxía Cultural. Doutor en Historia, a súa tese titulouse El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia, foi dirixida por Xosé Carlos Bermejo Barrera e lida na UNED en 1997.
Publicacións
En lingua galega[6]
- A tradición oral en Poio (1992). Deputación de Pontevedra. 184 páxs. ISBN 978-84-86845-90-2.
- Guía de petróglifos de Galicia (2011) con Antonio de la Peña Santos. Ed. do Cumio. 240 páxs. ISBN 978-84-8289-375-4.
- Símbolos sen memoria. Arte rupestre en Pontecaldelas (2011). Deputación de Pontevedra. 178 páxs. ISBN 978-84-8457-363-0.
- Arte rupestre en Galicia (2013) con Antonio de la Peña Santos e Fernando Carrera Ramírez. Ed. do Cumio. 256 páxs. ISBN 978-84-8289-466-9.
- A sociedade campesiña na mitoloxía popular galega (2013). Servizo de Publicacións da USC. 155 páxs. ISBN 978-84-9750-122-4.
- A pedra do cervo (2015). Ilustracións de Pilar Castro Caamaño. Ed. do Cumio. 48 páxs. ISBN 978-84-8289-514-7.. É un conto infantil.
- Segredos ao descuberto. Pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos (2017) con Antonio de la Peña Santos. Sacauntos. 148 páxs. ISBN 978-84-16121-80-9.
- O anticonto da Pedra do Cervo. O que a fada e o cervo calaron por ser politicamente incorrecto (2018). Museo do Pobo Galego. 154 páxs. ISBN 978-84-947844-1-5.
- Etram e Ailux na Terra dos Mortos (2019). Ab Origine Edicións. Ilustracións de Pilar Castro Caamaño. 56 páxs. ISBN 978-84-947844-5-3.
En lingua castelá
- Arqueología y antropología cultural... de la ría de Pontevedra (1989). Deputación de Pontevedra. 242 páxs. ISBN 978-84-86845-33-9.
- Mouras, serpientes, tesoros y otros encantos. Mitología popular gallega (2004). Ed. do Casto. 404 páxs. ISBN 978-84-7492-910-2.
- Lanceata. Entre la vida y la muerte. Entre la tierra y el mar (2014) con Antonio de la Peña Santos e Rafael M. Rodríguez Martínez. Ed. do Cumio. 112 páxs. ISBN 978-84-8289-482-9.
- Pontecaldelas hace cien años: crónica política, social y festiva de un tiempo apasionante (2015). Deputación de Pontevedra. 165 páxs. ISBN 9788484574392.
Notas
- ↑ "Aparicio Casado, Buenaventura (1946-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Aparicio impulsa una fundación para preservar el Alto Verdugo". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-02-07. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Conferencia sobre o patrimonio e imaxinario popular de San Martiño de Salcedo en Pontevedra". Noticias de Galicia. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Que é – Rede do Patrimonio Cultural". Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "El folklore en los yacimientos arqueológicos de Galicia". dialnet.unirioja.es. Consultado o 23/01/2019.
- ↑ "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España - Resultados del catálogo - Todos los campos 'Buenaventura Aparicio'". catalogo.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Guía de petróglifos de Galicia - Edicións do Cumio". www.cumio.com. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Arte rupestre en Galicia - Edicións do Cumio". www.cumio.com. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "A pedra do cervo - Edicións do Cumio". www.cumio.com. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Cuento infantil de Buenaventura Aparicio". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-02. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ Barcala, Ana (2019-11-27). "Un paréntesis en la historia para el cuento infantil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-11-27.
- ↑ "Etram e Ailux na Terra dos Mortos - Buenaventura Aparicio". Consultado o 2019-11-30.
- ↑ "Lanceata Entre la vida y la muerte. Entre la tierra y el mar - Edicións do Cumio". www.cumio.com. Consultado o 2019-01-23.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Control de autoridades | |
---|---|
Control de autoridades |