Benito Casasnovas
Quick Facts
Biography
Benito Casasnovas Rodríguez, nado en Ribadavia en 1886, foi un político socialista galego.
Traxectoria
Emigrado en América, retornou nos anos dez do século XX. Foi presidente da Sociedade Agraria de Ribadavia (1916). Trasladado a Ponteareas, fundou a Agrupación Socialista de Ponteareas da que foi elixido o seu primeiro presidente en 1924 e asistiu ao XVI congreso de UGT de 1928 como delegado de dous sindicatos de Ponteareas. Durante a República foi elixido concelleiro polo PSOE e despois nomeado deputado provincial. Dirixiu o voceiro socialista Renovación. Foi elixido alcalde de Ponteareas o 11 de maio de 1936. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse en casas de amigos, despois pasou á casa dun irmán en Ribadavia, logo a Santiago de Ribarteme na casa dun crego coñecido da familia onde pasou un ano escondido. No entanto foi xulgado en Vigo por rebelión e declarado en rebeldía. Logo, amparado polos edictos do gobernador que chamou a presentarse aos fuxidos sen delitos de sangue, regresou a Ponteareas, e pasou unha tempada en Vigo. Finalmente saíu do país por Salvaterra de Miño e pasou a Portugal, onde permaneceu un ano, embarcando finalmente para Nova York en 1940, grazas a axuda da JARE que abonou o importe da pasaxe, de onde marchou a México arribando a Nuevo Laredo o 17 de xullo de 1941.
Predecesor: Emilio Garra Castellanzuelo | Alcalde de Ponteareas 1936 | Sucesor: Mauricio Troncoso Penedo |
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Ficha na Fundación Pablo Iglesias
- Ficha no Departamento de Migración de México
- Benito Casasnovas na páxina web Nomes e Voces.