Benigno Lago Estévez
Quick Facts
Biography
Benigno Lago Estévez, nado en Corcubión en 1897 e finado no mesmo concello en 1976, foi un empresario galego. Dedicouse a empresas pesqueiras en Perú, iniciando unha cadea migratoria de mariñeiros da Costa da Morte a Perú.
Traxectoria
No ano 1920 casou con Constanza Figueroa, natural de Fisterra e ese mesmo ano emigraron á Patagonia arxentina, en concreto, á localidade de Río Gallegos. Nesta localidade acadou unha boa situación económica, dirixiu unha axencia de aduanas e unha consignataria de buques. En xullo de 1925 regresou a Galicia por un tempo. En 1931 a súa muller e os tres fillos trasládanse a Galiza polos estudos dos rapaces e Lago Estévez marchou a Perú, atraído polas súas riquezas mineiras. Nun principio dedicouse á explotación mineira de mica e caza de lobos de mar. A raíz da II Guerra Mundial, exportou xunto cun socio peruano fígado de bonito aos Estados Unidos e Europa. Con axuda de capital norteamericano, construíu a primeira fábrica pesqueira do país, La Chalaca, a primeira no porto de Callao e a segunda en Ilo. Despois fundou novas fábricas en Chimbote, Samanca e Chancay. En 1948 instouse pola súa conta e mercou a fábrica Aguarima en Mollendo, pondo ao fronte a seu fillo Salvador. En 1954 toda a familia volveu a Corcubión. Na súa vila natal continuou os seus negocios pesqueiros, mais con menos fortuna. En 1980 rendéuselle unha homenaxe e inaugurouse un pequeno monumento na súa honra.