Belén Regueira
Quick Facts
Biography
Belén Regueira Leal, nada na Coruña en 1977, é unha xornalista galega.
Traxectoria
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu contacto cos medios de comunicación presentando un programa de entrevistas e música chamado Chambo (1997). De aí pasou aos servizos informativos da Televisión de Galicia, onde presentou telexornais en distintas franxas horarias.
En 2005 comeza a presentar na Radio Galega o magacine da fin de semana, chamado Extrarradio, e en 2008, sen abandonar a radio, regresa á televisión para presentar O país dos ananos, un programa onde interveñen nenos de toda Galicia falando de todo tipo de temas. Este traballo valeulle o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora do ano 2008.
Desde mediados de 2009, coincidindo coa reestruturación da programación da Radio Galega e da TVG, suprimiuse o espazo Extrarradio e desde aquela Belén Regueira realiza tarefas de redacción no magacine Galicia por Diante da Radio Galega. Tamén colabora periodicamente no semanario A Nosa Terra.
Deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor comunicador | O país dos ananos | Gañadora |