Bauman Lowe Belden
Quick Facts
Biography
Bauman Lowe Belden, nado en 1862 e finado o 11 de agosto de 1931 en Cranford, Nova Jersey, foi un numismático estadounidense.
Traxectoria
Belden era membro da sociedade patriótica Sons of the American Revolution.
Foi un recoñecido coleccionista de medallas e a súa colección foi vendida un ano despois da súa morte por Thomas Elder.
Como numismático, Bauman Belden estivo vinculado desde 1886 á American Numismatic Society (ANS). Nesta entidade ocupou os cargos de bibliotecario (1891-1896), secretario (1896-1903 e 1905-1915), director (1909-1915), membro do consello executivo (1906-1928) e conselleiro honorario (1928-1931).
Á marxe da ANS, Belden foi tamén membro da American Numismatic Association (ANA) e do Club Numismático e Nova York. Tamén pertenceu á British Numismatic Society, de Londres.
No tocante á súa vida familiar, Belden casou con Corinne Crittenden, con quen tivo unha filla. O 11 de agosto de 1931 faleceu na súa residencia en Cranford, en Nova Jersey.
Recoñecementos
- (1930): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.
Publicacións
Estes son os traballos monográficos publicados por Belden en materia medallística e numismática:
- (1915). Medals andpublications of the American Numismatic Society, with an historical sketch. American Numismatic Society, Nova York.
- (1916). United States war medals. American Numismatic Society, Nova York.
- (1915). War medals of the confederacy. American Numismatic Society, Nova York.
- (1927). Indian Peace Medals issued in the United States. American Numismatic Society, Nova York.
- (1930). A mint in New York. American Numismatic Society, Nova York.
Notas
- ↑ Smith, P. (2012).
- ↑ Adelson, H. L. (1958). The American Numismatic Society 1858-1958. American Numismatic Society, Nova York. Páxinas 257, 351, 359-363.
- ↑ "Belden, Bauman L. (Bauman Lowe), 1862-1931". American Numismatic Society.
- ↑ Pagan, H.; Farthing, C. (2003). "Members of the British Numismatic Society 1903-2003". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society, Londres. 73. Páxina 218.
- ↑ "Obituary". En The New York Times. 12 de agosto de 1931.
- ↑ Adelson, H. L. (1958). Páxina 340. Nota 11.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ Adelson, H. L. (1958). Páxina 374.
- ↑ "Belden, Bauman Lowe 1862-1931 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Belden, Bauman L. (Bauman Lowe) 1862-1931". WorldCat Identities.
Véxase tamén
Bibliografía
- Smith, P. (2012). "Belden, Bauman Lowe". En American Numismatic Biographies. Páxina 29.