peoplepill id: baldo-ramos
BR
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

A.K.A.
Baldomero Fernández Ramos
Places
Gender
Male
Place of birth
Celanova
Age
54 years
The details (from wikipedia)

Biography

Baldomero Fernández Ramos, nado en Celanova o 1 de xaneiro de 1971, é un poeta e artista plástico galego.

Traxectoria

Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana. Na actualidade adícase á docencia na área de lingua castelá e literatura no instituto de Valga.

Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica, expoñendo por primeira vez no ano 1994 en Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións, Centro Ramón Piñeiro, Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou Kalandraka, así como o libro Mongólia: umha entidade estatal rugosóide (2001) de Ígor Lugrís.

É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.

Actualmente traballa como docente no IES de Sar en Santiago de Compostela impartindo clases de lingua castelá.

Obra literaria en galego

Poesía

  • Raizames (2001, Follas Novas Edicións).
  • A árbore da cegueira (2002, Espiral Maior).
  • Escura e transparente (2005, 3C3).
  • Branco sobre negro (2006, Galería Sargadelos de Ferrol).
  • O ourego e o compás (2006, Casa da Gramática/Fundación Curros Enríquez).
  • Monólogo do calígrafo (2008, Colección Bourel).
  • Palabras para un baleiro (2009, Espiral Maior).
  • Palimpsesto (2009, Sotelo Blanco).
  • A ferida de comprender (2011, Follas Novas Edicións). Contén Branco sobre negro e Monólogo do calígrafo, xunto a Espazo contido e Cando as palabras viñan de moi lonxe.
  • Cartografía do exilio (2014, Deputación da Coruña).

Libros de artista (selección)

  • As follas da memoria (2001).
  • Signos de cinza (2003).
  • Cega mudez (2004).
  • Palabras de papel (2004).
  • Deshabitada espera (2005).
  • Homenaxe a Lorca (2005).
  • Homenaxe a Valente (2008).
  • Luz primeira (2008).
  • Na fronteira do dicir (2008).
  • Aldara (2009).
  • Sorga (2010).
  • Candeloria (2011).

Obras colectivas

  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
  • Volverlles a palabra: homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
  • A Ramallosa. Caligrafías de luz (2011, Asociación Arraianos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Os ollos das palabras (2012, Xunta de Galicia). Con Caxigueiro.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012, Librería Conde, Celanova).
  • Novas de poesía. 17 poetas (2013), Fundación Uxío Novoneyra.
  • Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (2013). Con Carlos González Villar.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • CaRa inversa, con Xosé María Álvarez Cáccamo (2014, Follas Novas).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • 1+1=3, 2016, Positivas. Poesía. Con Franck Meyer.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios

  • Premio de poesía Concello de Carral no 2001, por A árbore da cegueira.
  • Finalista dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega ao mellor libro de poesía publicado en galego en 2005, por Escura e transparente.
  • Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2009, por Palabras para un baleiro.
  • Accésit do Premio Miguel González Garcés no 2014, por Cartografía do exilio.

Obra literaria en castelán

Poesía

  • Los ojos de las palabras (2002, Fundación María del Villar Berruezo).
  • El sueño del murciélago (2003, Pre-textos).
  • Diario de una despedida (2005, Amarú Ediciones).

Libros de artista (selección)

  • Muere el pájaro en el aire, 2004.
  • Palabras sin nadie, 2004.

Premios

  • Premio María del Villar Berruezo no 2002, por Los ojos de las palabras.
  • Premio Arcipreste de Hita no 2003, por El sueño del murciélago.
  • Accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara, por Diario de una despedida.

Obra pictórica

Ten exposto individualmente en galerías de Galicia, Portugal e Madrid, e de xeito colectivo en:

  • I Premio Auditorio de Galicia, 2001, Santiago de Compostela.
  • XVIII Certame de Pintura Concello de Cambre, 2001.
  • Bienal Itinerante Eixo Atlántico, 2002-2003, Vigo/Porto.
  • VI Bienal de Lalín Laxeiro, 2003.
  • DeArte Contemporáneo / Feria de Galerías Españolas, do 2005 ao 2011, Madrid.
  • Universidade de Talca, 2005, Chile.
  • Galería Unión Latina, 2006, Montevideo.
  • Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores, 2006, Casa de la Moneda / Calcografía Nacional, Madrid.
  • Puro Arte/Espacio Atlántico (2006, 2010, 2011).

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Baldo Ramos is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Baldo Ramos
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes