peoplepill id: aurelio-aguirre
AA
Spain
4 views today
4 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Place of birth
Santiago de Compostela
Place of death
A Coruña
Age
25 years
The details (from wikipedia)

Biography

Aurelio Aguirre Galarraga, nado en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1833 e finado na Coruña o 30 de xullo de 1858, foi un poeta galego en lingua castelá.

Traxectoria

Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Foi un home comprometido con Galiza e coas clases desfavorecidas, participando como miliciano no levantamento de 1854 e no banquete de Conxo, celebrado o 2 de marzo de 1856. Tiña grande estima entre os seus contemporáneos galegos e desde moi novo mantivo amizade con intelectuais de corte rexionalista, como Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Rosalía de Castro. Precisamente con esta mantivo unha forte relación amigable e literaria e de feito dedicoulle o soneto Improvisación.

Colaborou na Revista Galaica e gozou dunha enorme popularidade e influencia na súa cidade. Murguía, en Los precursores, afirma: Pertencía a aquel grupo de xenios descontentos e túzaros que nas súas vinte primaveras, e sen ver máis campos cos que rodean a súa cidade, cre coñecer o mundo, ter sufrido grandes desenganos e probado tódalas feles da vida.

Como lle acontecera a máis de un poeta romántico, Aurelio Aguirre morreu moi novo (aos 25 anos de idade) e de forma tráxica: afogouse na praia de San Amaro da Coruña, sen estar claro se a súa morte foi accidental ou un suicidio.

Obra

El mesmo comezou a publicación da súa obra poética, que se editaría postumamente co título Ensayos poéticos (1856-1858); tamén escribiu un drama e a narración Risas y lágrimas. A súa obra foi escrita en castelán, agás un poema titulado "Un consello", publicado en 1966 por Xosé María Álvarez Blázquez. En 1901 fíxose unha recompilación de parte dos seus poemas co título Poesías selectas, cun prólogo de Leandro de Saralegui Medina.

Galería de imaxes

Tumba de Aurelio Aguirre en Boisaca. 
Poesías selectas. 
Los precursores,
Manuel Murguía. 

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez González, O. (ed.) (2014): Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858. Santiago de Compostela: Ed. Alvarellos. ISBN 978-84-89323-55-1.

Outros artigos

  • Precursores

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Aurelio Aguirre is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Aurelio Aguirre
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes