Aurea Rodríguez
Quick Facts
Biography
María Aurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia.
Traxectoria
Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios, As Marabillas). O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte. En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como "La reina de la gaita Gallega", e por Arxentina no mes de novembro. Na década dos trinta desfaise o grupo. A última nova sobre Aurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Bará Viñas, Milagros: María Aurea Rodríguez. A raíña da gaita galega no Álbum de mulleres. CCG.