peoplepill id: asunta-basterra-porto
ABP
Spain
1 views today
1 views this week
Asunta Basterra Porto
Spanish girl

Asunta Basterra Porto

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish girl
Places
Gender
Female
Place of birth
Yongzhou, Hunan, People's Republic of China
Place of death
Santiago de Compostela, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
12 years
Family
Father:
Alfonso Basterra Camporro
The details (from wikipedia)

Biography

Asunta Basterra Porto, nada en Yongzhou (Hunan, China) o 30 de setembro de 2000 e finada en Santiago de Compostela o 21 de setembro de 2013, foi unha nena galega asasinada pouco antes de facer os 13 anos.

Traxectoria

Adopción

Cando a nena tiña un ano de idade, o matrimonio formado por Alfonso Basterra Camporro e Rosario Porto Ortega, residente en Santiago de Compostela e sen fillos biolóxicos, desprazáronse a China e adoptárona, poñéndolle o nome de Asunta Fang Yong.

Desaparición e morte de Asunta

Artigo principal: Caso Asunta Basterra.

O 21 de setembro de 2013, cando a nena tiña 12 anos, desapareceu. Os seus pais adoptivos denunciaron a súa desaparición na tarde-noite dese mesmo día. Na madrugada do día seguinte, dúas persoas descubriron un cadáver nunha pista forestal da parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (a só 5 km da casa de campo de Rosario Porto en Montouto, tamén en Teo), alertando aos Servizos de Emerxencia, que identificaron o corpo da nena desaparecida.

O día 24 de setembro a nai, Rosario Porto, foi detida e investigada por un presunto delito de homicidio. Un día despois tamén o pai, Alfonso Basterra, foi detido e investigado.

O xuíz que se encargou do caso foi José Antonio Vázquez Taín, coñecido pola súa actuación anterior e recente na recuperación do Códice Calixtino (2012) e no caso do accidente ferroviario de Angrois (2013). O caso motivou grande interese e foi obxecto de numerosos reportaxes nos principais medios televisivos españois. De acordo cos datos recollidos durante a investigación, a mesma xirou en torno a unha serie de pistas, entre as que se encontran:

  • Unhas cordas encontradas na propiedade da nai semellantes ás empregadas para atar o cadáver da menor;
  • A presenza do medicamento ansiolítico lorazepam en cantidades tóxicas no sangue da nena;
  • O ordenador portátil e o segundo teléfono móbil do pai desapareceron ao iniciarse a investigación, pero alguén colocounos no seu piso máis tarde, despois de manipular o disco duro.

En xuño de 2014 o xuíz Vázquez Taín puxo fin á instrución do caso, dando paso ao proceso de apertura de xuízo oral. En outubro, a Sección Sexta da Audiencia provincial da Coruña con sede en Santiago terminou cos últimos trámites xudiciais. A selección do xurado popular iniciouse en maio de 2015, estando previsto o comezo do xuízo para entre o 23 de xuño e o 17 de xullo do mesmo ano, pero producíronse algúns atrasos, e foi finalmente a principios de outubro de 2015 cando se iniciou o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, con 84 testemuñas e 60 peritos. O 30 de outubro de 2015 o xurado popular designado polo Xulgado de Santiago de Compostela determinou, por unanimidade, como culpábeis tanto a Alfonso Basterra como a Rosario Porto do asasinato de Asunta Basterra. En novembro de 2015, apenas dúas semanas despois de coñecerse o veredito, coñécese a sentenza contra os pais de Asunta Basterra: 18 anos de cárcere para cada un por un delito de asasinato coa concorrencia da agravante de parentesco.

Notas

  1. Sonia Vizoso / Xosé Hermida (27 de setembro de 2013).El País, ed. "Asunta, una niña estudiosa y apegada a sus padres". Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  2. 20minutos (ed.). "Cronología del 'caso Asunta', la niña hallada muerta en Teo". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  3. El País, ed. (23 de marzo de 2014). "Asunta: medio año y cabos sueltos". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  4. El País, ed. (2 de novembro de 2013). "La cuerda con la que fue atada Asunta era parte de la bobina encontrada en su casa". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  5. El País, ed. (4 de outubro de 2013). "Los análisis demuestran que Asunta recibió una dosis letal de ansiolítico". Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  6. El País, ed. (31 de decembro de 2013). "El ordenador y el móvil del padre de Asunta aparecen donde no estaban". Consultado o 21 de novenmbro de 2020. 
  7. El País, ed. (20 de xuño de 2014). "El juez cree que Alfonso Basterra "participó en la asfixia" de Asunta". Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  8. El País, ed. (19 de outubro de 2014). "La Audiencia anula las conversaciones de los padres de Asunta en el calabozo". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  9. El País, ed. (11 de maio de 2015). "Seleccionadas las 36 personas de las que saldrá el jurado del caso Asunta". Consultado o 19 de outubro de 2020. 
  10. El País, ed. (19 de xuño de 2015). "Seleccionados 20 nuevos candidatos para el jurado del 'caso Asunta'". Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  11. El Mundo, ed. (28 de setembro de 2015). "¿Mataron a Asunta porque les molestaba?". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  12. El Mundo, ed. (30 de outubro de 2015). "Los padres de Asunta, culpables". Consultado o 19 de novembro de 2020. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Asunta Basterra Porto is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Asunta Basterra Porto
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes