peoplepill id: arturo-casas
AC
Spain
1 views today
1 views this week
Arturo Casas
Galician writer

Arturo Casas

The basics

Quick Facts

Intro
Galician writer
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain
Age
66 years
The details (from wikipedia)

Biography

Arturo Casas Vales, nado na Coruña o 21 de febreiro de 1958, é un teórico da literatura licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, ademais de doutor en Filoloxía Hispánica, poeta, tradutor e ensaísta.

Traxectoria

Como investigador ten atendido varios campos, entre os cales se atopan a obra de Rafael Dieste e os seus núcleos de acción cultural e política, o pensamento estético-literario contemporáneo, a teoría do poema, a intervención e o acto críticos, os estudos sistémicos, a metodoloxía da Historia literaria e a poesía do século XX, con especial atención á galega nos períodos 1916-1936 e 1976 en adiante. Actualmente imparte clases de Teoría da literatura e Literatura comparada na USC.

Foi membro fundador e primeiro director do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes, (CIPPCE), constituído por oito grupos de investigación da USC. É membro do Comité de Coordinación da rede internacional Poetics of Resistance. Co Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) e o Consello da Cultura Galega activou a base de datos e repositorio dixital poesiagalega.org, centrado no estudo da poesía galega dos séculos XIX a XXI. Coordina grupos de traballo sobre poesía non lírica en perspectiva teórico-comparada e sobre a innovación da Historia literaria galega. É membro da Sección de Crítica literaria da AELG.

Entre setembro de 2008 e setembro de 2009 mantivo aberto o blogue Lándoas. Marxesdetexto. É un dos autores da base de datos do dicionario de termos literarios do Equipo Glifo.

Obras en galego

Poesía

  • Sombra de unidade (1990). Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • Díptico de Peniel (1991). Imbornália Editores.
  • Pedra de Nadir (1995). Espiral Maior.
  • Momentum (1997). Sotelo Blanco.
  • Atrás, pasaxe (2011). Amastra-N-Gallar.

Ensaio, investigación e crítica literaria

  • Rafael Dieste, Encontros e vieiros. Once charlas sobre plástica, teatro e literatura, (1990). Ediciós do Castro. Edición e introdución.
  • Rafael Dieste, Fragua íntima. Aforismos (1926-1975), (1991), Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Edición, introdución e notas.
  • Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego, (1994). Galaxia.
  • Bibliografía sistemática de teoría literaria, (2002). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003). Tris Tram. Editor.
  • Antoloxía poética de Uxío Novoneyra, (2010). Galaxia.
  • Alusión, 2011, Galaxia.

Aforismos

  • Futurario 2011 (Aforismos neopoéticos in modo antico) (2011, publicado en internet).

Traducións

  • Vello ceo nórdico. Antoloxía da poesía estonia contemporánea. Edición trilingüe estoniano-galego-inglés. Monografías do Boletín Galego de Literatura [1], Universidade de Santiago de Compostela, (2002). Edición en colaboración con Jüri Talvet.
  • Pluriversos: Seis poetas irlandesas de hoxe. Edición bilingüe inglés-galego ou gaélico-galego ao coidado de Manuela Palacios. Follas Novas Edicións. Colaboración do Ireland Literature Exchange/Idirmhalartán Litríocht Éireann, col. Libros da Frouma, 2003. Tradución en colaboración con Manuela Palacios.

Obras colectivas

  • Comentarios de textos contemporáneos, (1992), Xerais.
  • Comentarios de textos populares e de masas, (1994), Xerais.
  • Tentativas sobre Dieste (1995), Sotelo Blanco.
  • Dicionario de termos literarios (A-D), (1998). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades – Xunta de Galicia . Autoría conxunta do Equipo Glifo.
  • Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Tomo II (Literatura. Miscelánea), (2000, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Dicionario de termos literarios (E-H), (2003). Centro "Ramón Piñeiro" para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. Autoría conxunta do Equipo Glifo.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, (2003), Consello da Cultura Galega.
  • Elementos de crítica literaria, (2005). Xerais. Colectiva.
  • DiTerLi. Base de datos do Dicionario de termos literarios, (2006), Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia . Dirección conxunta do Equipo Glifo.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. II), (2006), Consello da Cultura Galega.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
  • Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, (2008), Xerais.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, (2009), Difusora.
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011, Rodopi). En inglés e galego.
  • Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices (2011, Peter Lang (Oxford). En colaboración con Ben Bollig.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega), libro electrónico.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais).

Obra en castelán

Investigación e crítica literario

  • La teoría estética, teatral y literaria de Rafael Dieste, (1997). Universidade de Santiago de Compostela.
  • La descripción literaria. Traza fenomenológica y semiótico-hermenéutica, (1999). Episteme.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Arturo Casas is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Arturo Casas
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes