peoplepill id: arturo-baltar
Arturo Baltar
The basics
Quick Facts
The details (from wikipedia)
Biography
Arturo Baltar Santos, nado en Noalla (San Cibrao das Viñas) en 1924, é un escultor galego.
Traxectoria
Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. son a súa obra máis característica, entre a que destaca o belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de nadal que continúa en proceso de creación ao londgo dos anos. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.
Véxase tamén
Bibliografía
- Trabazo, Luís:Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978.
- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Pablos, Francisco:Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.
Ligazóns externas
- Arturo Baltar na Colección Afundación.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article.
The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Arturo Baltar is in following lists
By work and/or country
comments so far.
Comments
Arturo Baltar