peoplepill id: anxo-gonzalez-guerra
AGG
Spain
4 views today
5 views this week
Anxo González Guerra

Anxo González Guerra

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.

Traxectoria

Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.

No 2004 gañou canda a Rosario Sánchez-Gabriel e Marián Costa o Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia. En 2013 gañou xunto a Esperanza Gesteira e mais Rosario Sánchez-Gabriel o Premio Nacional de Educación á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Xubilouse da docencia en abril de 2015.

Anxo González Guerra con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando Valcárcel, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017

Colaborou na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu.

Publicacións

  • O idioma galego na poesía de Manuel Antonio. Edicións do Castro, 1981, Sada. ISBN 84-7492-076-0
  • Manuel Antonio. Nós, 1982, A Coruña (con Xosé Ramón Pena). ISBN 84-7540-004-3
  • Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Vitoria Ogando Valcárcel). ISBN 84-86531-36-1
  • "Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 12-2010. ISSN 1698-7861
  • Contos do avó Anxo para o neto Aldán. Autoedición, 2016. ISBN 978-84-16121-51-9

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Anxo González Guerra is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Anxo González Guerra
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes