peoplepill id: antonio-quesada
AQ
Spain
1 views today
1 views this week
Antonio Quesada
Spanish painter

Antonio Quesada

The basics

Quick Facts

The details (from wikipedia)

Biography

Antonio Quesada Porto, nado en Ourense o 14 de xuño de 1932 e finado en Vigo o 26 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.

Traxectoria

Naceu nunha familia, a Quesada, composta por máis dunha vintena de artistas plásticos e debuxantes, como Xaime Quesada, Carlos Quesada ou Fernando Quesada, todos eles irmáns de Antonio. Profesionalmente dedicouse á administración pública, e foi funcionario de Facenda. En 1953 consegue praza en Zamora, onde vivirá e comezará a pintar. Na cidade leonesa coñece o pintor Antonio Pedrero e os poetas Claudio Rodríguez García e Jesús Hilario Tundidor.

Casa en Zamora e permanece na cidade ata que se traslada en 1966 a Vigo, onde residirá o resto da súa vida.

Pintor abstracto, destacou como paisaxista, con obras que combinan manchas de cores e nas que dificilmente se poden recoñecer elementos concretos. As súas técnicas artísticas máis cultivadas son o óleo (sobre lenzo ou madeira), e a serigrafía. Hai obra súa no Museo Municipal Quiñones de León, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Municipal de Ourense, o Bello Janeiro de Ferrol e o de Toledo, e en varias coleccións privadas e institucións públicas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Plástica Gallega, Pablos, Colmeiro, Ilarri, Pousa e Antonio Quesada Porto, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, 408 p., ISBN 84-7231-603-3.[1]

Outros artigos

  • Sobriños: Yayo Quesada, Marieta Quesada, Xaime Quesada Blanco...

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antonio Quesada is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Antonio Quesada
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes