Antonio Paleo Saavedra
Quick Facts
Biography
Antonio Paleo Saavedra, nado no Seixo (Mugardos) o 10 de maio de 1919 e finado en Hericourt en 2004, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Mariñeiro en San Cibrán. Foi un dos fundadores da UGT en Cervo. Repartiu propaganda do PCE desde Oviedo, e despois encargouse de descargar armas nalgúns portos estratéxicos para a resistencia contra o fascismo. Estivo refuxiado en Vigo con nome falso. Botouse ao monte e foi detido e estivo preso no castelo de San Felipe de Ferrol. Foi enlace entre o grupo de José Neira Fernández e os outros grupos da comarca do Eume. Mostrouse sempre oposto ao control comunista da guerrilla. Foi o organizador da fuga do Santa Teresa, unha fuxida dun grupo de guerrilleiros vinculados ao PCE que operaban no norte de Lugo e na comarca do Eume, que na madrugada do 12 ao 13 de decembro de 1946 embarcaron a bordo do "Santa Teresa" na praia da Abrela, no Vicedo e chegaron a Baiona o 20 de decembro. En Francia afiliouse ao PCE e militou no PCF.