peoplepill id: antonio-nouche-costa
ANC
Spain
1 views today
1 views this week
Antonio Nouche Costa

Antonio Nouche Costa

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Age
24 years
The details (from wikipedia)

Biography

Antonio Nouche Costa, coñecido como Dourado Xaneiro e O soldado de Deixebre, nado en Deixebre (Oroso) en 1924 e finado en Carres (Concello de Cesuras) o 4 de marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Nado en Bouzalonga, parroquia de Deixebre. Desertou do cuartel onde facía o servizo militar para unirse á guerrilla no verán de 1947. Como castigo algúns membros da súa familia foron encadeados e desterrados á provincia de Soria. Foi membro do Destacamento Manuel del Río Botana, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Acompañou a Manuel Ponte Pedreira e outros no asalto á vivenda de Ramón Ferreiro Moar, en Aldrés, Senra, Oroso; participou con Juan Couto Sanjurjo na operación que desarmou ao somatén da Baña e con Claudio Díaz Milia, Pedro Rodríguez Gómez, José Ramuñán Barrreiro, José Blanco Núñez e José Santiago Temprano, na sanción económica de 30.000 pesetas ao alcalde franquista de Cerceda. O 4 de marzo de 1948 un cabo e catro gardas civís do posto de Betanzos cercaron unha casa na parroquia de Carres, na que se atopaban Antonio Nouche e José Blanco Núñez, produciuse un enfrontamento, pero José Blanco logrou fuxir. A garda civil matou a Antonio Nouche xunto cos habitantes da casa María López Sánchez, Manuel Mosquera Moar, Manuela López Sánchez e Jacinto López Sánchez, enlaces da guerrilla.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antonio Nouche Costa is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Antonio Nouche Costa
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes