Antonio Mouriño Villar
Quick Facts
Biography
Antonio Mouriño Villar, nado na aldea da Buratiña (Celanova) o 12 de xuño de 1954, é un político galego vinculado ao PPdeG.
Traxectoria
En 1989, este administrativo celanovés, foi concelleiro na oposición por Centristas de Galicia, partido político que se acabaría integrando no PPdeG. Nas eleccións de 1991 o PPdeG de Celanova, liderado polo propio Mouriño, consegue unha maioría relativa que lle permite gobernar durante toda a lexislatura. Finalmente nas eleccións municipais de 1995, o partido de Antonio Mouriño consegue a maioría absoluta, situación que se vai a producir en todas as eleccións municipais ata a actualidade posibilitando que Antonio Mouriño presida ininterrompidamente a alcaldía de Celanova dende 1991. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Predecesor: Adolfo Vázquez Rivero | Alcalde de Celanova 1991 - 2012 | Sucesor: José Luis Ferro |