Antonio López de Neira
Quick Facts
Biography
Antonio López de Neira, nado en Sober en 1827 e finado en Vigo o 6 de febreiro de 1919, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Chegou a Vigo como empregado de comercio, e conseguiu converterse nun dos seus principais industriais. Participou en varias iniciativas, destacando a fábrica de papel con Antonio Sanjurjo Badía e fábricas de chocolate. Tamén no negocio do transporte marítimo, no que foi representante da Compañía Trasatlántica, que absorbera a súa propia pequena compañía. Ademais foi conselleiro do Banco de España en Vigo.
En 1874 xa era concelleiro no concello de Vigo. Foi deputado provincial por Vigo en 1877 e 1878 e por Redondela-Pontecaldelas en 1882-1890, 1896 e 1905-1911. En 1897 foi elixido alcalde de Vigo. Entre 1905 e 1909 foi presidente da Deputación Provincial.
Predecesor: Marcelino Astray de Caneda | Alcalde de Vigo 1897-1901 | Sucesor: Prudencio Nandín Vicente |
Predecesor: Ricardo Senra Fernández | Alcalde de Vigo 1905 | Sucesor: Ricardo Senra Fernández |
Predecesor: José María Vidal González | Presidente da Deputación de Pontevedra 1905 - 1909 | Sucesor: Antonio Pazos Fontenla |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879) Felipe Castro Pérez en Documentos de Traballo. Historia; 13.