Antonio Landeira
Quick Facts
Biography
Antonio Manuel Landeira Gallardo, nado en 1971, é un empresario e político galego, que durante un tempo foi alcalde de Santa Comba polo PPdeG.
Traxectoria
Empresario, foi presidente da asociación de empresarios de Santa Comba.
Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de Independentes por Santa Comba. Dimitiu en novembro de 2014 e aínda que alegou motivos persoais, días despois coñeceuse que dera positivo nun control de alcolemia mentres conducía. Substituíuno na alcaldía a primeira tenente de alcalde, María Pose Rodríguez.
Predecesor: Miguel Pérez Fernández | Alcalde de Santa Comba 2011 - 2014 | Sucesor: María Pose |
Posteriormente, a finais de 2015 viuse implicado nunha trama de falsificación de subvencións formativas na súa faceta como empresario.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Santa Comba