Antonio González González
Quick Facts
Biography
Antonio González González, nado en Realejo Alto (Tenerife) o 27 de outubro de 1917 e falecido o 11 de outubro de 2002, foi un químico español.
Traxectoria
Licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de La Laguna e doutorouse pola de Madrid. En 1945 nomeouno o Consello Superior de Investigacións Científicas xefe da sección de Química orgánica. Entre 1946 e 1986 foi catedrático de Química Orgánica e Bioquímica na Universidade de La Laguna, sendo cinco anos decano da Facultade de Ciencias desa universidade, outros cinco reitor, e despois reitor de honra. En 1963 foi designado director do Instituto de Investigacións Químicas de Tenerife, centro precursor do Instituto de Produtos Naturais Orgánicos. Obtivo, entre outros, o premio de investigación do C.S.I.C. en 1959, en 1961 obtivo unha axuda da Fundación March e en 1967 unha axuda Manuel Aguilar para a Investigación.
Ademais do seu labor científico, en 1977 foi designado Senador polo rei Xoán Carlos I. Na Cámara Alta integrouse no grupo de independentes máis aperturista denominado Agrupación Independente.
Foi membro de diversas sociedades científicas nacionais e estranxeiras, e da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.
Galardóns
- En 1984 recibiu o premio Canarias de Investigación.
- En 1986 o Premio Príncipe de Asturias polo seu labor desenvolvido ao longo dunha vida de intensa dedicación no campo da química dos produtos naturais.
- En 1966: Gran Cruz de Afonso X o Sabio
- Gran Cruz do Mérito Civil.
Obra
- La lactama del ácido hexahidro paminobenzoico en la determinación del peso molecular de los aductos de estiroles sustituídos (1943)
- Contribución a la síntesis de la 4-acetilhidrindona (1945)
- Aportación al estudio del látex de las Euphorbias canarias (1949)
- Aportación al conocimiento de los alcaloides de los Adenocarpus (1951)
- Glucósidos de las Escrophulariáceas canarias (1955)
- Structure of the Anhydrocanariengenine A. (1959)
- Ueber pflanzliche Herzgifte. Die Glykoside und Aglykone der Blätter von Digitales canariensi s L. (1963)
- Química de las Rutáceas (1964)
- Triterpenos y esteroides de la Periploca Levigata Ait (1966)
- Reaction of Spirostan Sapobenins with Nitrous Acid (1971)
- Marine Natural Products of the Atlantic Zone (1972)
- Química de las Ceropegias (1973)
- Lignanos del Haplophyllum hispanicum Spach (1974)
- New sources of steroid Relación de Académicos: numerarios (medalla núm.9) sapogenins (1975)
- Sobre la estructura de Rutacridona (1976)
- Componentes de las Umbelíferas 14 (1977)
- Structure of Khanilactone The Compositae XXXVII (1978)
- Oxidación de derivados de la Clorophyssopifolina (1980)