peoplepill id: antonio-fraga-mandian
AFM
Spain
1 views today
1 views this week
Antonio Fraga Mandián

Antonio Fraga Mandián

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
The details (from wikipedia)

Biography

Antonio Fraga Mandián ex xuíz decano da Coruña nado en Betanzos. O seu irmán Javier Fraga Mandián tamén é xuíz na Coruña do xulgado do mercantil. O seu irmán máis novo Sergio Fraga Mandián é avogado e exerce nun bufete de Betanzos.

O seu avó fora condenado en 1936 pola súa defensa da República.

Biografía

Foi alumno do Instituto Francisco Aguiar de Betanzos dende outubro de 1976 ata xuño de 1980.

Iniciouse na xudicatura en 1988 sendo o seu primeiro destino o xulgado de Vilagarcía de Arousa. O seu seguinte destino foi Betanzos, en 1990. Un ano despois ascendeu a maxistrado e trasladouse ao Xulgado do Social número dous de Pontevedra. En 1991 foi designado titular do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña. Foi nomeado en 1999 xuíz decano posto que mantivo ata marzo de 2012 despois de trece anos de decano, perdeu o posto por 22 votos a 11 ca titular do Xulgado do Penal número 4 da Coruña, María Teresa Cortizas. Membro da Asociación Profesional da Maxistratura (APM).

En decembro de 2009 a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia declaraba ilegais por ir contra normas urbanísticas tanto autonómicas como locais, diversas obras e construcións feitas pola súa familia nunha casa e finca en Paderne propiedade da súa nai: unha piscina de 12 metros de longo, un pozo de auga artesán, unha fosa séptica, un campo de fútbol, tres casetas prefabricadas (dúas de madeira e unha de formigón para o can) asentadas sobre un firme de formigón e equipadas de aseos, sofá, mesa de ping-pong, outra de comedor, nevera e televisión. A lei esixe ter unha superficie mínima de 5.000 metros cadrados para poder edificar construcións deste tipo e a finca mide 1.799 metros cadrados. A Xunta de Galicia xa tiña expedientado antes á familia Mandián por realizar traballos sen autorización neste mesmo terreo, por enturbiar e desviar o leito do rego das Fragas.

O 23 de decembro de 2011 o seu irmán Javier Fraga Mandián foi sancionado polo Consello Xeral do Poder Xudicial a non poder exercer no partido xudicial da Coruña por nomear en dúas ocasións, estando ao fronte do Xuzgado do Mercantil número 2 da Coruña, a un avogado socio do seu outro irmán Sergio Fraga Mandián, para administrar dous concursos de acreedores, a Conserveira Celta e a Inmobiliaria Residencial Parque Ronda.

Xuízo contra Carlos Callón

Carlos Callón.

O xulgado do que era titular Fraga Mandián, remitiu a Eduardo Álvarez (secretario xeral na Coruña do sindicato de ensinantes da CIG) unha notificación oficial en castelán na que se empregaba o exónimo La Coruña. O xuíz xustificouno como un erro ortográfico ao que Álvarez respondeu cualificándoo de cínico. Eduardo Álvarez foi denunciado e condenado ao pago dunha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 euros a Antonio Fraga Mandián, pola inxuria ao cualificar de cínico. O xuízo foi anulado pola Audiencia Provincial da Coruña por diversas irregularidades procesais.

Ao ser coñecida a sentenza nunha entrevista Antonio Fraga Mandián declaraba non ter ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña.

Carlos Callón enviou dende a Mesa Pola Normalización Lingüística unha nota de prensa criticando ao xuíz polo que foi denunciado. Carlos Aymerich solidarizouse con Carlos Callón e tamén foi denunciado por Fraga Mandián, denuncia que foi arquivada.

O día 9 de febreiro de 2012 a xuíza Carmen Caramés Millán instrutora do caso, foi recusada no xuízo pola avogada de Carlos Callón e o xuízo quedou adiado coa oposición do avogado de Fraga Mandián.

O novo xuízo fixouse para o 30 de novembro de 2012, xa con outra xuíza, Fraga Mandián pedía 300 euros de multa para Carlos Callón e 15.000 euros por danos morais. Segundo el díxose que tivera cometido ilegalidades e que é un xuíz corrupto. Inicialmente o xuíz valorara pedir 650.000 euros, estimados ao ser a difusión do xornal La Voz de Galicia. Pero decidiu reclamar 1,5 euros por cada vez que aparece en Google a frase: no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad La Coruña.

Na sentenza, redactada en castelán, a xuíza do Xulgado de Instrución número 1 da Coruña, Natalia Paz Domínguez, resolveu absolver a Carlos Callón ao considerar que a nota de prensa do día 27 de xuño de 2008 e a súa posterior publicación en data 28 de xuño de 2008 non excede da crítica á que están sometidos tódolos poderes públicos e atópase comprendida na liberdade de expresión e información. A sentenza lembra que o único topónimo oficial é A Coruña e estableceuse como tal na Lei 2/98 de 3 de marzo, e anteriomente na Lei 3/1983 do 15 de xuño, polo que indica que as declaracións do ex Xuíz suscitan polémica e controversia.

Antonio Fraga Mandián recorreu a sentenza xa que segundo el: «la libertad de expresión no puede amparar el insulto a la gente o las injurias, máxime cuando se hace contra una persona que imparte justicia».

A Audiencia Provincial da Coruña decidiu repetir o proceso o día 10 de maio de 2013 cun novo xuíz aceptando o recurso do avogado de Fraga Mandián. No novo xuízo o avogado de Fraga Mandián preguntou a Carlos Callón se sabía que en 2008 era legal o topónimo La Coruña o que produciu que o público escachase ca risa e o xuíz ordenase o desaloxo da sala. O xuíz rexeitou a pregunta ao considerala improcedente. Deste xuízo volveu saír Callón absolto.

Méritos persoais

  • Cruz Distinguida de Primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort (Abril de 2007)
  • Enjuiciamiento Civil. Tomo I: Arts. 1 a 257 (co autor) Sepin 2008 ISBN 978-84-95762-71-9
  • Enjuiciamiento Civil. Tomo II: Arts. 258 a 516 (co autor) Sepin 2008 ISBN 978-84-95762-72-6
  • Enjuiciamiento Civil. Tomo III: Arts. 517 a 827 y Disposiciones (co autor) Sepin 2008 ISBN 978-84-95762-73-3
  • Consentimiento Informado (consentimiento en la Actividad Médico-quirúrgica) Xunta de Galicia 1999 ISBN 978-84-930564-0-7

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antonio Fraga Mandián is in following lists

By work and/or country

comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Antonio Fraga Mandián
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes