peoplepill id: antonio-fernandez-carnicero
AFC
Spain
1 views today
1 views this week
Antonio Fernández Carnicero

Antonio Fernández Carnicero

The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Death
Age
92 years
The details (from wikipedia)

Biography

Antonio Fernández Carnicero, nado en Baños de Molgas o 7 de xullo de 1904 e finado en México en 1997, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Fillo de Antonio Fernández Ramos, médico de Baños de Molgas e Carmen Carnicero. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1925. Neses anos iniciou a súa militancia no Partido Comunista. Casou coa mestra María Bouzas Pérez en 1926. Exerceu como médico en Baños de Molgas e en 1928 solicitou colexiarse en Ourense. Trasladouse á capital para ser médico xeneral e en 1930 firmou contrato como médico da compañía ferroviaria Vías y Construcciones. Tiña a súa consulta enfronte da Estación de Ourense e os luns consultaba gratis ás familias pobres. Activo militante do Partido Comunista participou na edición de El Soviet xunto con Luís Soto e Juan Nóvoa. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi buscado polos falanxistas, a súa consulta e domicilio foron arrasados, pero conseguiu pasar a Portugal por Tourém e chegar a Chaves coa axuda de varios curas e familiares. En Chaves foi detido polas autoridades portuguesas pero grazas á axuda de amigos e pacientes ourensáns conseguiu eludir a súa repatriación e partir inmediatamente cara a Lisboa. Tras pasar por un campo de concentración en Francia exiliouse en México en xaneiro de 1937, onde se estableceu como médico. Conseguiu levar a México á súa muller e os dous fillos, que lograron salvarse da represión dos falanxistas.

En México e en compañía de Luís Soto, proseguiu o activismo político vinculado ao Grupo Gallego de la UGT en México (cuxo máximo representante era Luís Soto) e contribuíu a formar a Comisión Gallega de Ayuda a la Junta Suprema de Unión Nacional en 1944, sendo responsable de propaganda da mesma. Participou no financiamento do primeiro número de Vieiros e colaborou economicamente co Partido Comunista e coas iniciativas galeguistas en México. Regresou a España logo da morte de Franco, en agosto de 1978, coa súa esposa e acompañados do agregado cultural de Cuba en México.

O seu fillo maior, Antonio Fernández Bouzas, tamén médico, exerceu como investigador na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Un dos seus netos, Antonio Armonía, é un guionista do cine mexicano, e prepara un proxecto (Mi padre) centrado na historia da súa familia.

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antonio Fernández Carnicero is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Antonio Fernández Carnicero
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes