Antonio Feliciano Fernández Rocha
Quick Facts
Biography
Antonio Feliciano Fernández Rocha, nado en Brasil en 1953, é un político galego do PPdeG que foi alcalde do concello de Tui.
Traxectoria
Contratista rural e despois promotor inmobiliario. Concelleiro do PPdeG en Tui dende 1991, chegou á alcaldía en 1998, a través dunha moción de censura contra o alcalde do PPdeG, Miguel Ángel Capón Rey. Nas eleccións municipais de 1999 concorreu como independente nas filas do CPT, pero o PPdeG readmitiuno nas súas filas e expulsou a Capón. Nas municipais de 2003 foi elixido alcalde con maioría absoluta, e nas de 2007 acadou 7 dos 17 concelleiros, polo que necesitou o apoio do TUI (Tudenses Unidos Independentes) para ser elixido alcalde.
En marzo de 2010 foi xulgado por unha agresión a un veciño da localidade, que lle recriminara pola súa política urbanística.
Predecesor: Miguel Ángel Capón Rey | Alcalde de Tui 1998 - 2011 | Sucesor: Moisés Rodríguez Pérez |
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Tui