Antonio Carreño
Quick Facts
Biography
Antonio Carreño González, nado en Parada de Sil o 1 de xullo de 1939, é un profesor e crítico literario galego.
Traxectoria
Mestre (1963), traballou en varias aldeas de Ourense. En 1966 marchou aos Estados Unidos como profesor de español. Obtivo un máster en Filosofía na Universidade de Yale (1974) e o doutorado en linguas románicas pola mesma universidade (1975). Traballou nas universidades de Columbia (Nova York), Urbana-Champaign (Illinois) e foi Catedrático de Linguas Romances da Brown University. As súas investigacións centráronse no Século de Ouro, a literatura española contemporánea e a literatura galega, así como Os Lusíadas de Camões e Fernando Pessoa.
Foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos e secretario da Modern Languages Association.
Obras
- El romancero lírico de Lope de Vega.
- La dialéctica de la identidad en la literatura contemporánea, 1982.
Edicións
- El castigo sin venganza de Lope de Vega.
- Poesía selecta de Lope de Vega.
- Pastores de Belén de Lope de Vega.
- Rimas de Lope de Vega.
- Rimas humanas y divinas de Tomé de Burguillos.
- Las novelas a Marciala Leonarda.
- Poesía completa de Lope de Vega
- El perro del hortelano de Lope de Vega.
- Romances de Luís de Góngora.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
- Ficha en galegos.info
- Currículo
- "Parada rinde tributo a la erudición de Antonio Carreño con un cálido homenaje", artigo en La Región, 9 de maio de 2010 (en castelán).