Antonio Bao Arias
Quick Facts
Biography
Constantino Antonio Bao Arias, nado en Becerreá cara a 1894 e finado no mesmo concello o 22 de maio de 1981, foi un veterinario e político galego.
Traxectoria
Aprobou as oposicións de inspectores hixienistas de matadoiros industriais en 1931. Na República foi veterinario de Becerreá e inspector de hixiene e sanidade pecuaria do concello das Nogais, cargo do que foi cesado o 5 de outubro. Foi nomeado veterinario interino de Lugo o 20 de abril de 1936. Foi presidente de Izquierda Republicana de Becerreá en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado en varias casas de toda a provincia de Lugo. Foi detido o 18 de novembro de 1937 e ingresado no cárcere de Lugo. Saíu en liberdade o 20 de decembro. Foi confinado en Monterroso por tres meses en xullo de 1943 por "facer campaña solapada contra o Réxime dedicándose á murmuración contra personalidades que o serven" xunto con Antonio Mourín Martínez, Ángel Yáñez Núñez e Jaime Pardo Gómez. Volveu exercer como veterinario en Becerreá e foi inspector municipal veterinario. Finou en Becerreá o 22 de maio de 1981.
Vida persoal
Casou con Mercedes Fernández Poy, que finou en 1951, e foi pai de Ricardo, Antonio, Ovidio e Mercedes Bao Fernández.