Antonio Alejandre Ramos
Quick Facts
Biography
Antonio Alejandre Ramos, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de abril de 1915 e finado en Xirona en agosto de 2017, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de caseiros. Na II República traballou nunha empresa de madeiras e estaba afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia de Vilagarcía e fuxiu ao monte cando se impuxeron os sublevados. Agochouse en Vilaxoán con Francisco Budín e xuntos secuestraron dous falanxistas. A Garda Civil e a Falange deron unha batida a comezos de agosto. Catro guerrilleiros caeron abatidos polos seus disparos, o resto espalláronse. Antonio optou por entregarse. Foi xulgado por rebelión en consello de guerra en Pontevedra o 11 de decembro de 1936 con Francisco Muñiz Jueguen e Vicente Montenegro Bouzas. Foi condenado a 20 anos de prisión. Estivo preso en San Simón durante 4 anos.
Notas
- ↑ El Ideal Gallego, 12-12-1936, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alejandre Ramos, Antonio; Conde, Perfecto (2015). "Antonio Alejandre, o derradeiro preso da illa de San Simón". Galegos = Gallegos (21): 28–37.
Ligazóns externas
- Antonio Alejandre Ramos na páxina web Nomes e Voces.
- La pistola nueva del falangista