Antón Presa Viso
Quick Facts
Biography
Antonio Presa Viso, nado en Ribadetea (Ponteareas) en 1895 e finado na mesma parroquia o 14 de xaneiro de 1924, foi un escritor galego.
Traxectoria
Foi correspondente de Heraldo de Vigo en Ponteareas. Oficial de Facenda, traballou nas Delegacións de Facenda de Segovia e León. Pertencía ao Partido Nazonalista Gallego. Publicou poemas en Vida Gallega, Diario de León e Blanco y Negro e foi colaborador de El Tea onde publicaba unha sección titulada "Enxebradas. Lira Celta". Foi autor do xoguete cómico A dona do agrario estreada polo coro Foliadas e Cantigas de Pontevedra, no Salón Quiroga de Marín, o 22 de abril de 1923; da comedia en dous actos e un prólogo A Morriña estreada tamén por Foliadas e Cantigas no Teatro Tamberlik de Vigo en xuño dese mesmo ano e doutra obra titulada Cornetada. Morreu aos 28 anos.
Obras
- A Morriña, 1925 (con ilustracións de Castelao).
- Terra adourada (Obra rescatada), 1995.
Vida persoal
Casou en Ourense con Mercedes Sas Murias en 1917.