peoplepill id: anton-costa-rico
ACR
Spain
1 views today
1 views this week
Antón Costa Rico
Spanish pedagogue

Antón Costa Rico

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish pedagogue
Places
Work field
Gender
Male
Place of birth
Castellar de la Frontera, Cádiz Province, Andalusia, Spain
Age
72 years
Education
University of Salamanca
The details (from wikipedia)

Biography

Antón Costa Rico, nado en Castellar de la Frontera (provincia de Cádiz) o 28 de setembro de 1952, é un pedagogo galego de orixe andaluza.

Traxectoria

Doutorouse pola Universidade de Salamanca en 1982, cunha tese sobre a historia da escola primaria en Galicia entre 1900 e 1936. Foi un dos fundadores do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega en 1983. É membro do Seminario de Estudos Galegos, ao que representa no Consello Escolar de Galicia. Foi un dos promotores das revistas pedagóxicas As Roladas (1980) e Revista Galega de Educación (1986).

Na actualidade é profesor de política educativa e da historia da educación na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. É presidente da Asociación Española de Historia da Educación.

Obra

Ensaio

  • O ensino en Galicia. Problemática e perspectivas (Edicións do Cerne, 1980).
  • Escolas e Mestres (Xunta de Galicia, 1989).
  • A Colonia escolar compostelana de 1893: primeiro centenario (Consorcio de Santiago, 1994).
  • A Reforma da educación (1906-1936): X. V. Viqueira e a historia da psicopedagoxía en Galicia (Ediciós do Castro, 1996).
  • Historia do ensino no Reino de Galiza : (anos 414-1483) (Tórculo, 1995. 2ª edición: Universidade de Vigo, 2000).
  • Sarmiento. Vida e obra (Xerais, 2002).
  • Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX) (Xerais, 2004).
  • A construción do coñecemento pedagóxico: antecedentes e desenvolvementos no século XX (Universidade de Santiago de Compostela, 2009).

Edicións

  • Viaje por las escuelas de Galicia, de Luis Bello (2011, NigraTrea).

Obras colectivas

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Asociación Cultural Xermolos).
  • Seminario de Mondoñedo (1565-2013). Centro de formación e promoción cultural (2015).
  • Arredor das Irmandades da Fala (2016, Xerais).

Obra en castelán

Ensaio

  • Ramón de la Sagra. Un protosocialista hispano ante el desarrollo educativo. Lecturas y precisiones, en Hispania. Revista Española de Historia, vol. LXVIII, núm. 228 (xaneiro-abril 2008), páx. 193-210 (en castelán).
  • D'abord les enfants: Freinet y la educación en España (1926-1975) (Universidade de Santiago de Compostela, 2010).

Premios

  • Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do 2004, no 2005, por Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX).
  • Premio Losada Diéguez no 2005, por Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX).
  • Premio de Investigación da Crítica de Galicia no 2005, por Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Séculos IV-XX).
  • Premio Ánxel Casal ao libro do ano no 2005, por Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, Ir Indo Edicións, 2011, Vigo.

Ligazóns externas

  • Antón Costa Rico na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Antón Costa Rico is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Antón Costa Rico
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes