peoplepill id: angels-barcelo
ÀB
Spain
3 views today
3 views this week
Àngels Barceló
Spanish journalist and television presenter

Àngels Barceló

The basics

Quick Facts

Intro
Spanish journalist and television presenter
Places
Gender
Female
Place of birth
Barcelona, Barcelonès, Àmbit metropolità de Barcelona, Catalonia
Age
60 years
The details (from wikipedia)

Biography

Àngels Barceló, nada en Barcelona o 7 de setembro de 1963, é unha xornalista catalá, coñecida televisivamente por presentar telexornais.

Traxectoria

A súa carreira profesional comezou ós 20 anos en 1983 traballando como redactora de informativos na emisora Catalunya Ràdio. Ó ano seguinte, e sen deixar a radio, deu o salto á televisión para presentar os informativos de TV3. Participou en retransmisións de eventos importantes, como noites electorais (nacionais e estadounidenses), a Guerra do Golfo, a sinatura do Tratado de Maastricht ou o nomeamento como Sede Olímpica de Barcelona. Chegou a ser a directora da última edición do informativo desta canle autonómica. Ademais, tamén foi a responsable de Àngels de nit, un programa de entrevistas.

Non foi ata 1997 cando apareceu por primeira vez ante as cámaras dunha televisión nacional: tras pasar medio ano como editora dos informativos das fins de semana de Telecinco, pasa a editar e a presentar os informativos das 14:30. E en 2001, trala saída de Juan Ramón Lucas, pasou a editar e presentar os Informativos Telecinco das 20:30. Durante esta etapa participou como enviada especial á Guerra de Iugoslavia, as eleccións en Estados Unidos, a morte do Papa Xoán Paulo II ou a catástrofe do Prestige.

En 2005 deixou os informativos de Telecinco para volver a TV3 e para dirixir e presentar o espazo radiofónico A vivir que son dos días da Cadena SER en substitución de Fernando Delgado.

Desde marzo de 2006, aparece no programa de actualidade informativa Cuatro x cuatro, de Cuatro, xunto a Iñaki Gabilondo, Jon Sistiaga e Carles Francino. Durante o Mundial de Alemaña de 2006, presentou para Cuatro un programa especial chamado Maracaná Alemaña 06 xunto a Nico Abad. Foi realizado ó aire libre na cidade de Madrid e trataba sobre a Selección Española de Fútbol e o Mundial de Fútbol.

Durante todo o 2007 continuou a presentar o programa da fin de semana na SER alternando os seus traballos con outros como a retransmisión da gala dos Oscar así como algunhas intervencións en Canal +. En novembro do 2007, trala morte de Carlos Llamas, foi nomeada directora do programa de cabeceira de Cadena SER, HORA 25. Cedeu así a testemuña de A vivir... á súa compañeira de Telecinco anos antes, Montserrat Domínguez.

No 2008, con motivo da Eurocopa, foi elixida para presentar Zona Cuatro, unha especie de previo do partido.

O 12 de xullo de 2010, conduciu o programa especial "Suráfrica 2010: Cuatro con la Roja", retransmitido simultaneamente por Cuatro e Canal + con motivo das recepcións oficiais, recibimento polas rúas de Madrid e festa final, a Selección española tras proclamarse campioa do Mundial de Suráfrica 2010. A retransmisión en directo prolongouse desde as 16:30h ás 00:30h coa fin da festa en Príncipe Pío, conseguindo situar a cadea terceira na clasificación de audiencias do prime time dese día.

En novembro de 2010 viaxa a Marrocos cun equipo da SER para investigar o violento desaloxo do campamento de protesta saharauí do Aaiún, cun número aínda indeterminado de mortos e centos de persoas feridas. O 11 de novembro do 2010 é interrogada pola policía marroquí por conseguir romper o bloqueo informativo marroquí e expulsada de Marrocos por "proporcionar informacións falsas sobre a súa identidade e a súa profesión".

Premios

  • 1997: Finalista do premio de periodismo Cirilo Rodríguez.
  • 1997: Premio Atea por presentar e dirixir o mellor programa informativo do ano.
  • 1998: Antena de Oro por presentar os informativos en Telecinco.
  • 1999: TP de Ouro. Nominación á Mellor presentadora.
  • Premio Micrófonos da APEI pola cobertura do afundimento do Prestige (compartido con Hilario Pino).
  • 2003: Premios ATV. Nominación á Mellor Comunicadora de Programas Informativos.
  • 2003: TP de Ouro ó mellor informativo diario.
  • 2003: TP de Ouro. Nominación ao Mellor Presentador/a de Informativos.
  • 2004: TP de Ouro. Mellor Presentador/a de Informativos. Nomeada.
  • 2005: Premios ATV. Mellor Comunicadora de Programas Informativos.
  • 2010: Micrófono de Ouro. Radio. Por presentar e dirixir Hora 25 da Cadena SER. Gañadora.

Notas

Véxase tamén

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Menu Àngels Barceló

Basics

Introduction

Traxectoria

Premios

Notas

Véxase tamén

Lists

Also Viewed

Lists
Àngels Barceló is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Àngels Barceló
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes