Ángel Rizo Bayona
Quick Facts
Biography
Ángel Rizo Bayona, nado en Madrid o 7 de xuño de 1887 e finado en México en 1959, foi un político español.
Traxectoria
Masón, Gran Maestre del Gran Oriente Español. Procedía da Mariña mercante. A principios dos anos vinte pasou á Armada, co cargo de capitán de corveta, adscrito á Comandancia de Cartaxena. Pasou á Comandancia de Ferrol a finais da Ditadura de Primo de Rivera. Nos meses anteriores á República foi desterrado a Canarias. Coa República regresou a Cartaxena, onde foi elixido presidente do Comité local do Partido Radical. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Cartaxena. Nas eleccións de 1933 non obtivo acta de deputado. Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado Director Xeral da Mariña Mercante e despois foi Almirante da Mariña de Guerra. Despois da Guerra civil exiliouse en México en 1942, onde finou en 1959.