Ángel Porto Anido
Quick Facts
Biography
Ángel José Porto Anido, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 2006, foi un avogado, industrial e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Foi concelleiro con 22 anos, tenente alcalde e alcalde de Santiago de Compostela (1957-1964). Foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956), presidente do Aero Club de Santiago (1967-1970) e da Deputación da Coruña (1970-1974) e procurador en Cortes e conselleiro nacional (1970-1974) en representación da Deputación. Fundou a editorial Porto y Cía. e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988). Despois da Transición, seguiu en política como dirixente de Falange Española en Galicia.
Predecesor: Enrique Otero Aenlle | Alcalde de Santiago 1957 - 1964 | Sucesor: Francisco López Carballo |
Predecesor: Rafael Puga Ramón | Presidente da Deputación da Coruña 1970 - 1974 | Sucesor: Lino Rodríguez Madero |
Outras mencións
Alférez provisional con 17 anos, conselleiro-administrador de Editorial Compostela, presidente do Consello Diocesano de Homes de Acción Católica, da Liga de Amigos de Compostela e do Grupo teatral Ditea.
Méritos
Comendador da Orden do Mérito Civil, Medalla de Prata ao Mérito Turístico, Cruz de Guerra, Medalla da Cruz Vermella ao Mérito Militar, Medalla de Prata da Cidade de París e nomeamento como Concelleiro Honorario de París.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha no Congreso dos Deputados
- Noticia en La Voz de Galicia