peoplepill id: andres-pazos
AP
Uruguay Spain
1 views today
1 views this week
Andrés Pazos
Uruguayan actor

Andrés Pazos

The basics

Quick Facts

Intro
Uruguayan actor
Gender
Male
Place of birth
Santiago de Compostela, Spain
Place of death
Santiago de Compostela, Spain
Age
64 years
The details (from wikipedia)

Biography

Andrés Pazos, nado o 16 de xullo de 1945 en Santiago de Compostela e finado o 13 de xaneiro de 2010 en ibídem, foi un actor galego que viviu en Uruguai dende a súa mocidade.

Traxectoria

Instalouse en Uruguai na súa mocidade, e pasou alí a maior parte da súa vida, graduouse na escola de teatro de El Galpón, tradicional compañía teatral de Montevideo. Tamén colaborou na fundación de La Gaviota, colectivo teatral onde se desempeñou entre 1973 e 1985. Con El Galpón estivo exiliado en México durante a ditadura militar que gobernou Uruguai, actuando en varias producións da compañía como "Rasga Corazón" (1989), do brasileiro Oduvaldo Viana Filho. Na década de 1990, Andrés Pazos volveu a Galicia, onde integrou o Centro Dramático Galego (CDG), da cidade de Santiago de Compostela, onde actuou e dirixiu varias producións. Nos últimos anos da súa vida, moveuse entre España, Uruguai e Arxentina, traballando en teatro e cine. Chegou a ser moi coñecido polo seu papel de Jacobo na multipremiada Whisky, dos directores Pablo Stoll e Juan Pablo Rebella (2004). Tamén traballou en ¿Quién dice que es fácil? (2007), de Juan Taratuto. Morreu en Santiago de Compostela aos 65 anos de idade a consecuencia dun cancro.

Filmografía

  • Matrioshka (Germán Tejeira, 2008)
  • ¿Quién dice que es fácil? (Juan Taratuto, 2007)
  • La perrera (Manolo Neto , 2006)
  • Whisky (Pablo Stoll e Juan Pablo Rebella, 2004)
  • Televapor (Paco Carballés e Ricardo Llovo , 1997)
  • El rey del río (Manuel Gutiérrez Aragón , 1995)

Notas

  1. "Fallece Andrés Pazos, el actor gallego protagonista de 'Whisky'". El País (en castelán). 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
Lists
Andrés Pazos is in following lists
comments so far.
Comments
From our partners
Sponsored
Credits
References and sources
Andrés Pazos
arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes