Ana Rodríguez Martí
Quick Facts
Biography
Ana Rodríguez Martí, nada en Ferrol, é unha xornalista galega.
Traxectoria
Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e fixo un máster en realización de documentais. A súa traxectoria profesional comeza a desenvolverse na prensa escrita, concretamente nos diarios La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. Colabora así mesmo nalgunhas revistas de motor.
Entre 1994 e 1998, comeza a traballar na TVG, destacando a súa etapa como condutora de Galicia Directo, un programa diario informativo centrado na actualidade galega. Tamén exercería de redactora en tódalas edicións dos informativos da canle autonómica galega, chegando a presentar o de noite e o correspondente á edición internacional, emitida vía satélite. Foi ademais editora e presentadora dos informativos locais e formou parte do equipo doutro programa da Galega, o espazo de reportaxes que hoxe continúa en emisión, A revista.
Posteriormente incorporouse a Telecinco, onde traballaría nos informativos. Comezou formando parte da redacción de Galicia para presentar os informativos territoriais dende ese mesmo ano ata o verán de 2000. Entón trasládase a Madrid onde se fixo cargo ata 2005 do informativo matinal de Telecinco. Durante estes anos traballou tamén en varias coberturas especiais en Galicia, destacando a que fixo da catástrofe do petroleiro Prestige en 2003, e que valeu a Telecinco varios galardóns xornalísticos, entre eles un Premio Ondas e o Premio TP. Tamén relatou en directo os atentados do 11-M e o inicio da guerra de Irak. Na súa última temporada nesta televisión, a 2005-2006 a Rodríguez encomendóuselle a presentación do informativo de madrugada.
En outubro de 2006 é contratada pola TVG para substituír a Sonia Vizoso á fronte do programa Hai debate, función que lle valeu a candidatura ao premio Mestre Mateo do Audiovisual de Galicia e que desempeñou até a desaparición do programa co cambio de goberno na Xunta en 2009.
Na actualidade realiza conexións en directo para os informativos de Pedro Piqueras e de David Cantero.
Ademais, desde a elección de Manuel Campo Vidal como presidente da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España en setembro de 2006, Ana Rodríguez forma parte da xunta directiva desta como vocal.
Dende o 9 de setembro ata o 31 de outubro do 2013 presentou Te vas a enterar, xunto con Álvaro de la Lama, un programa diario e vespertino sobre a actualidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ana Rodríguez Martí no Twitter