Ana Isabel Boullón Agrelo
Quick Facts
Biography
Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese Contribución ó estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993), e é profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). É colaboradora das revistas Verba e Cadernos da Lingua e no proxecto PATROM (Patronymica Romanica) para a elaboración do Ditionnaire historique des noms de famille romans.
Obras
Ensaio
- Contribución ó estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal, 1986.
Obras colectivas
- Ferro, Xesús (dir.); Ana Isabel Boullón Agrelo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, Xosé María Lema Suárez, Fernando R. Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo. p. 664. ISBN 84-7680-096-7.
- Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro, 1992.
- Guía bibliográfica da lingüística galega, 1996.
- Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta, 1996.
- Homenaxe a Ramón Lorenzo, 1998.
Como editora
- Teatro de máscaras, de Ramón Otero Pedrayo, 1989 (con Fernando R. Tato Plaza)
Como tradutora
- Un ordenador nada ordinario, de Michele Kahn, 1990.
- A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela, 2010, Xerais.
- Poñente, de Pere Tobaruela, 2011.
- Resurrección, de Lea Tobery, 2011, Xerais.
- Vapor, de Lea Tobery, 2014, Xerais.
Notas
- ↑ ""Os nomes das vías urbanas deben rescatar a microtoponimia xa existente no lugar" - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-10-10.