Amadeo López Bello
Quick Facts
Biography
Amadeo López Bello, nado en Carballeda de Avia en 1904 e finado en Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria
Mestre en Beiro (Carballeda de Avia). Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e foi redactor de Escuela de Trabajo. Tamén colaborou na revista Nós onde publicou dúas lendas recollidas por el. En 1933 asistiu a un Congreso internacional contra a guerra e pola paz en Santander. Foi detido en Ourense con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 acusado de presidir un Comité comunista. Foi paseado con Julio González Alvárez e Silvio Torres Díaz en Poza das Ras, na parroquia de Ourille (Verea) o 29 de agosto de 1936.
A súa biografía serviu de inspiración para o personaxe "Pinguiña" do libro A taberna do Galo de Celso Emilio Ferreiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces.