Alfonso Vega Olivera
Quick Facts
Biography
Alfonso Vega Olivera, nado en Madrid cara a 1907 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1936, foi un avogado, funcionario e político español.
Traxectoria
Aprobou as oposicións de ingreso no Corpo técnico de Correos en 1934, e foi nomeado Administrador de Correos de Sanxenxo. En xaneiro de 1936 foi elixido vogal da directiva de Izquierda Republicana de Sanxenxo presidida por Manuel Iglesias Constenla. En abril de 1936 foi agredido por Modesto Gómez Romay. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 20 de novembro con José Carballa Sanín e José Lorenzo Señoráns, foi condenado a pena de morte. Foi executado no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai (Monteporreiro) o 7 de decembro de 1936.
Vida persoal
Casou con Teresa Llorente Barahona.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Alfonso Vega Olivera na páxina web Nomes e Voces.