peoplepill id: alfonso-penela
AP
Spain
1 views today
1 views this week
The basics

Quick Facts

Places
Gender
Male
Birth
Place of birth
Vigo
Age
70 years
The details (from wikipedia)

Biography

Alfonso Penela Fernández, nado en Vigo en 1955, é un arquitecto galego.

Traxectoria

Obtivo o título de Arquitecto na ETSA de Barcelona no ano 1980. Na actualidade é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A obra de Alfonso Penela aparece inscrita nunha liña de constante busca dunha linguaxe arquitectónica galega que afunda as súas raices no coñecemento da tradición construtiva e na análise das achegas das xeracións precedentes dende a independencia, unha constante na súa obra.

Os seus proxectos responden basicamente a unha vocación experimental baseada en formulacións que xunguen o Movemento Moderno con elementos de orde plural que deixan adiviñar a preferencia polas novidades formais, así como polo equilibrio e pola orde compositiva, como na vivenda unifamiliar en Aldán (Cangas). A constante atención que demostra respecto ás cuestións técnicas e estruturais vese incrementada polas súas inquedanzas respecto ás compoñentes funcionais que o levan a traballar cun amplo abano de propostas e variantes, tanto nos proxectos para vivendas, coma nas súas intervencións en espazos públicos ou centros docentes, coma a Facultade de Ciencias Empresaiais e Económicas da cidade de Vigo.

Este arquitecto concibe os edificios como un conxunto de volumes articulados no que as calidades dos materiais e a manipulación de luces e sombras cobran unhas importancia decisiva. Os espazos, de volumetría fraccionada establecen un interesante diálogo con contorno, coma no caso do Pavillón Polideportivo de Manzaneda, mediante o emprego de sutís contrastes e revisións permanentes dos usos da linguaxe. A súa obra non pode encadrarse nunha soa liña senón que pendula entre diferentes estilos dun xeito arbitrario producindo unha falta de linguaxe formal que articule a súa produción. Poden destacarse como referentes arquitectónicos tanto a Zaha Hadid, Herzog e de Meuron ou Miralles e pola vía lusa Álvaro Siza , Paulo Mendes da Rocha ou Souto de Moura.[Cómpre referencia]

Facultade de Ciencias Económicas. Campus Lagoas-Marcosende.

Obras destacadas

  • Facultade de Económicas no Campus Universitario das Lagoas - Marcosende. Vigo 1988-1991.
  • Centro de Saúde en Cambados. Pontevedra (1989-1991).
  • Escola infantil en Conxo. Santiago de Compostela, 1989-2002.
Conxunto onde se atopa a casa Torre. Á beira, casa Torre de Pazos Figueroa. Xuntos forman a sede do Instituto Camôes.
  • Rehabilitación da Casa de Arines para Sede de Instituto Camões. Vigo, 1993-1998.
  • Vivenda unifamiliar. Boborás, Ourense, 1994.
  • Vivenda unifamiliar M.J.Priegue. Nigrán, Pontevedra, 1996.
  • Centro de Saúde en Coia. Vigo, 1996-1999.
  • Pavillón polideportivo na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, Ourense (1998-2000)..
  • Aloxamento para estudantes no Campus de Vigo. 2000-2002.
  • Reitoría, Campus Universitario das Lagoas - Marcosende, Vigo. 2001.
  • Centro de Interpretación del Yacimiento de Caldoval, Parroquia de Mehá - Mugardos ( A Coruña). 2015

    Notas

    Véxase tamén

    Bibliografía

    • Documentos de arquitectura nº 42. (1999). Delegación de Almería del Colegio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental. ISSN 0214-9249.
    • Arquitecturas de autor nº 29. (2004). T6 Ediciones. Pamplona. ISBN 84-89713-84-7.
    • Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065.
    The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.
    Lists
    Alfonso Penela is in following lists
    comments so far.
    Comments
    From our partners
    Sponsored
    Alfonso Penela
    arrow-left arrow-right instagram whatsapp myspace quora soundcloud spotify tumblr vk website youtube pandora tunein iheart itunes