Alejo Diz Jurado
Quick Facts
Biography
Alejo Diz Jurado, nado en Tui o 23 de setembro de 1885 e finado na mesma vila o 30 de outubro de 1936, foi médico e político galego.
Traxectoria
Fillo dos comerciantes Ignacio e Gerarda, estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos, na Guarda. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela e casou, en 1915, con Concepción Rodríguez Caballero, coa que tivo seis fillos. Foi alcalde de Tui entre 1918 e 1922. Foi o primeiro alcalde republicano da vila. Afiliouse a Izquierda Republicana. En 1934 estivo en Dinamarca para investigar os sistemas de aseguramento sanitario en Centroeuropa e así valorar as posibilidades de implantación en España. Fundou e dirixiu o efémero semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B. Con este mesmo pseudónimo asinou as crónicas "De una ciudad del Miño", publicadas en La Raza de Pontevedra.
Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro de 1936 en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses.
Predecesor: Servando Albuerne Menéndez-Conde | Alcalde de Tui 1918 - 1922 | Sucesor: Venancio Lorenzo Álvarez |
Predecesor: Francisco Baquero Pérez | Alcalde de Tui 1931 | Sucesor: Benito Pérez Álvarez |
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Simón Lorda, David (2005) "Médicos represaliados en el Franquismo: Ourense y Galicia (1936-1959)"
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces.