Alejandro Mon Landa
Quick Facts
Biography
Alejandro Mon Landa, nado en Pontevedra o 4 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1915, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Fillo de Miguel Mon Álvarez Castrillón e de Dolores Landa Pérez, neto de Miguel de Mon y de Miranda, dunha familia fidalga asturiana. Casou coa súa curmá Clementina Landa López.
Doutor en Dereito civil e canónico. Membro do Partido Conservador, foi alcalde de Pontevedra (1879-1880) e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Cañiza en 1891 e 1893. Volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1898, e reelixido nas sucesivas eleccións ate 1910. Foi pai de Alejandro Mon Landa Landa, que o sucedeu como deputado polo mesmo distrito.
En 1907 obtivo xunto con José Riestra López e Gaspar Massó Ferrer a concesión do Tranvía a vapor de Pontevedra á Marín.
Foi avó de Gonzalo Fernández de la Mora.
Predecesor: Nicolás María Feijóo Taboada | Alcalde de Pontevedra 1879 - 1880 | Sucesor: Antonio Vázquez Limeses |