Alejandrino Fernández Barreiro
Quick Facts
Biography
Alejandrino Fernández Barreiro, nado en Ourense en 1943 e finado na Coruña o 14 de outubro de 2014, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciouse en Dereito na USC (1966) e doutorouse na Universidade de Navarra (1968) cunha tese sobre La previa información del adversario en el proceso privado romano. Seguiu formándose na Sorbona de París canda a Jean Gaudemet. Despois traballou en Roma xunto a Giovanni Pugliese.
Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, na UNED e na Universidade de Granada. En 1974 obtivo a Cátedra de Dereito romano da USC. En 1989, trala creación da Universidade da Coruña, pasou a ser catedrático de dereito romano e secretario xeral da mesma, e entre 1991 e 1999 foi Decano da Facultade de Dereito. Entre 2005 e 2013 dirixiu o departamento de Dereito público.
Membro do Partido Demócrata Popular, foi conselleiro de Educación e Cultura no primeiro goberno da Xunta de Galicia, o de Xosé Quiroga Suárez. Deputado no Parlamento de Galicia (1985-1989), e conselleiro de Cultura e Benestar (1986-1987) con Xerardo Fernández Albor, durante o seu mandato púxose en marcha o Centro de Coordinación Bibliotecaria de Galicia. En febreiro de 1988 pasou do Grupo Popular ao de Coalición Galega.
Estaba casado coa tamén avogada e política Lutgarda García Boente.
Obra
- Los estudios de Derecho romano en Francia después del Código de Napoleón (1970)
- Historia del Derecho romano y su recepción europea (canda a Javier Paricio)
- Fundamentos de Derecho privado romano (canda a Javier Paricio)
Predecesor: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe | conselleiro de Cultura e Benestar Social 1986 - 1987 | Sucesor: Alfredo Conde |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Curriculum (en castelán)