Alberte Momán
Quick Facts
Biography
Alberte Momán Noval, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1976, é un escritor e enxeñeiro técnico agrícola.
Traxectoria
Enxeñeiro Técnico Agrícola. Ten colaborado en diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. En maio de 2006 participa nos Dias da Criação celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En febreiro de 2007 publica O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía A porta verde do sétimo andar, da agrupación do mesmo nome.
Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, editada pola UCM, ou Dorna, que publica a USC. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
No 2012 bota a andar a editora O Figurante Edicións.
Obra
Poesía
- Baile Àtha Cliath. A. C. Caldeirón, 2008.
- Erótica. Lulu.com, 2008.
- Ferrol e o que queda por chover. Lulu.com, 2008.
- A crise irredutible. Lulu.com, 2009.
- Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s, edición de autor, 2010.
- Os quilómetros que percorremos dende aquela. Toxosoutos, 2011.
- A seiva calcinada. Lastura, 2014, edición trilingüe (galego-castelán-italiano).
- As mil horas. Emerxente, 2015.
- A outra voz. A. C. Caldeirón, 2015. Con Verónica Martínez Delgado.
- A chuva que derrete a mármore até chegar ao cadáver. Livros de Ontem, 2016.
Narrativa
- O lobo da xente. Positivas, 2003.
- O alento da musa. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2007.
- Vattene!. A porta verde do sétimo andar, 2012.
- A baba, a incontinencia e o can de Paulov. Sermos Galiza, 2014, edición en libro electrónico.
- Triloxía Vattene!. O legado extraterrestre. El Círculo Rojo, 2015.
- Bosquexos para unha distopía. Redelibros, 2016.
Obras colectivas
- Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003.
- Sempre mar. Cultura contra a burla negra. Asociación Burla Negra, 2003.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra. Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2004.
- De ter un can chamaríalle Guenguis, no volume colectivo Isto é un poema e hai xente detrás. Espiral Maior, 2007.
- A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Outro Mundo é necesario, construamos a alternativa. (XXIIII Festival da Poesía no Condado), S. C. D. Condado, 2009.
- En defensa do Poleiro. A voz de escritores galegos en Celanova, Toxosoutos, 2010.
- Sétimo Andar, Poesía Alén, A porta verde do sétimo andar, 2010.
- De Castro, A porta verde do sétimo andar, 2010. Con Alba Méndez.
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Sétimo andar, 2012, A porta verde do sétimo andar.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Dez anos na Porta, 2015, A porta verde do sétimo andar.
Premios
- Premio Narrativas Quentes no 2003, por O lobo da xente.
- Premio Francisco Añón de Poesía no 2004, por Erótica.
- Premio Rosalía de Castro no 2004, por O pasado nas horas.
- Accésit no Certame de narrativa breve do concello de Curtis no 2005, por Benvidos á noite americana.
- Mención de honra no certame de poesía GZcrea no 2006, por De ter un can chamaríalle Guenguis.
- Premio de poesía erótica Illas Sisargas no 2007, por Baile Àtha Cliath
- Premio de poesía do Concello de Ames no 2008, por Agora.
- Premio de poesía Terras de Chamoso.
- Certame de poesía Aurelio Aguirre no 2009, por Sermos un.
- Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio, libro escrito xunto a Verónica Martínez Delgado.
- Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo, escrito xunto a Verónica Martínez Delgado.